HomesociedadeTabodada celebra o 14 e 15 de febreiro, a Festa do Caldo...

Tabodada celebra o 14 e 15 de febreiro, a Festa do Caldo de Ósos que pregoa Mercedes Vázquez de Televinte

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa celebración da XXXIV edición da Festa do Caldo de Ósos de Taboada, que se celebra os días 14 e 15 de febreiro. A deputada de Cultura Iria Castro, o tenente de alcalde Xosé Portela e ao concelleiro de Educación, Benestar e Participación Cidadá Álex Varela presentaron a cita no Pazo de San Marcos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O día central da celebración será o domingo día 15, coa degustación popular desta receita tradicional – a base de garbanzos e soá de porco. Antes terá lugar pregón a cargo de Mercedes Vázquez, mestre e promotora de Televinte.

O recinto – entre a Praza de Riazón e o campo da feira – contará cun mercado de produtos deartesanía, con demostracións ao vivo, unha exposición de razas autóctonas e varias propostas musicais e lúdicas como o folión e desfile de cabezudos da Asociación Cultural Rechouchíos, un obradoiro infantil de cociña e actuacións de Cantigas e Frores e da Orquestra Los Satélites, pola noite.

Ademais de enxalzar a receita do caldo de ósos, a programación organizada polo concello pon o acento na historia, no patrimonio e na cultura gastronómica de Tabaoda, coa inauguración da exposición “O legado que nos une” (venres 13, ás 20.00 horas), realizada con imaxes recollidas entre a veciñanza do concello, a preestrea do documental “Galletas de Xián: un doce legado” (sábado 14, ás 19.30 horas), unha cata degustación de produtos de artesanía alimentaria de Galicia (sábado 14, ás 20.00 horas) e unha ruta polos locais de hostalería.

O tenente alcalde de Taboada, José Portela, destacou a exposición de fotos antigas como un dos principais fitos do pograma, xa que, explicou, “é froito dun traballo colectivo porque recolle imaxes cedidas pola veciñanza, e representa o sentido de comunidade e o respecto pola historia e a tradición do que xurdiu a Festa do Caldo de ósos e que nos propuxemos reforzar desde que en 2023 comezamos a organizar a festa desde a Tenencía de Alcaldía e a aréa de Cultura”

A deputada de Cultura, Iria Castro, valorou a programación organizada arredor desta receita tradicional: “a gastronomía é o centro da celebración pero tamén se engaden a cultura, o patrimonio e a artesanía, que reforzan a festa como un íimbolo de identidade do concello de Taboada”

O prato de caldo de ósos poderá atoparse nos locais de hostalería de Taboada – Parrillada Mencía, Tapería Devezo, Casa do Romualdo, Cafetería Scala, Restaurante Anduriña, Parrillada San Martiño, Restauración Urdi, Complexo Turístico Ponte Mourelle – durante a fin de semana nun menú degustación que inclúe caldo de ósos, costela asada, filloas con mel ,queixo con marmelo, viño, auga e refresco e café – a un prezo de 30 euros.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...