HomeEconomíaO Concello de Chantada aproba un presuposto 9.733.660€

O Concello de Chantada aproba un presuposto 9.733.660€

Manuel Lorenzo Varela felicitou ao grupo de goberno e a todo o equipo económico do concello polo traballo desenvolto para presentar este presuposto, “Temos estabilidade presupostaria total e débeda cero, o Concello de Chantada non debe nada. É unha boa nova para todos os veciños/as”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada aprobou no pleno deste xoves, 5 de febreiro, o orzamento para este ano que ascende a 9.733.660€, incrementándose con respecto ao ano pasado no que foi de 9.400.000€.

O alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, destaca que o proxecto de orzamento non presenta déficit inicial e que son orzamentos realistas, “Tivemos en conta os importes que se prevén liquidar por aplicación das ordenanzas fiscais, pola participación nos tributos do Estado e pola transferencia do fondo de cooperación da Xunta de Galicia, subvencións e transferencias aínda por recibir”.

No estado de ingresos, o capítulo de transferencias correntes ascende a 5.311.157€, polo aumento da participación nos tributos do Estado. As transferencias para dependencia ascenden a 863.000€ e o programa de inclusión a 78.299€. Mantéñense as subvencións que teñen carácter anual como o CIM e traballadoras sociais. Orzaméntase o plan de cooperación da Deputación para o SAF e o reforzo do emprego, o obradoiro dual de emprego Serra do Faro X, o plan integrado de emprego, as subvencións de atención temperá e a de igualdade para os campamentos infantís.

O capítulo de impostos directos ascende a 2.661.071€, aquí inclúese o IBI, o imposto sobre actividades económicas, o de vehículos de tracción mecánica ou o imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. Os ingresos por estes impostos aumentaron un 2,53%, motivado pola maior recadación no imposto sobre os terreos de urbana. Nos impostos indirectos, os ingresos proveñen do imposto sobre construcións, instalacións e obras, ascendendo a 220.000€. Os ingresos previstos por operacións correntes e taxas, sitúanse en 1.099.787€, aumentando con respecto ao ano anterior pola próxima modificación da ordenanza da taxa de lixo que espera facerse efectiva a comezos de xullo.

No estado de gastos consígnanse créditos para atender os distintos servizos que presta o concello. A maior porcentaxe corresponde a gastos correntes en bens e servizos que se leva 4.471.117€, aumentando un 0,62% pola suba do IPC, seguido dos gastos de persoal que supoñen 3.709.650€. Con respecto ao 2025 os gastos de persoal aumentaron un 9,30%.

Neste apartado contémplase unha subida do 1,5% das retribucións non sector público e dúas dedicacións dos órganos de goberno. Tamén se inclúe o persoal do obradoiro dual de emprego, as técnicas do plan integrado de emprego, o plan de reforzo da Deputación e o persoal de atención temperá. En transferencias correntes contémplanse 394.000€ para os créditos destinados a subvencións nominativas, axudas á emerxencia, axudas á natalidade e diversas cotas.

Os orzamentos sairon adiante cos votos a favor do equipo de goberno, votando en contra a oposición. Manuel Lorenzo Varela felicitou ao grupo de goberno e a todo o equipo económico do concello polo traballo desenvolto para presentar este presuposto, “Temos estabilidade presupostaria total e débeda cero, o Concello de Chantada non debe nada. É unha boa nova para todos os veciños/as”.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...