HomeCulturaO BNG esixe ao Goberno actuacións urxentes na N-540

O BNG esixe ao Goberno actuacións urxentes na N-540

A formación nacionalista alerta do deterioro acelerado desta vía, especialmente ao seu paso por terras lucenses, onde as desfeitas no firme obrigaron a limitar a velocidade a 40 quilómetros por hora en varios treitos. A acumulación e erosión da auga agravaron o xa deficiente estado da estrada, ampliando fochancas, provocando novas fendas e empeorando de maneira xeral a seguranza viaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A N-540 é unha infraestrutura fundamental para a conexión entre Ourense e Lugo, a única vía de comunicación directa entre ambas cidades mentres non se complete a A-56. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, lembra que levan tempo reclamando un plan integral de rexeneración e mellora da N-540 que dea unha solución definitiva aos numerosos tramos con fochancas e firme deteriorado, nomeadamente no tramo entre Chantada e Lugo, así como en distintos puntos do territorio ourensá.

“O mal estado da vía non só dificulta a mobilidade, senón que está a provocar un incremento dos accidentes desde 2024 e danos constantes nos vehículos, co conseguinte prexuízo económico para as persoas usuarias” denuncia.

Neste contexto, o BNG demanda ao Ministerio de Transportes que realice de maneira inmediata unha inspección técnica completa da N-540 para avaliar os danos causados polos temporais e identificar os puntos que requiren intervención urxente.

A organización nacionalista reclama tamén que se leven a cabo reparacións de emerxencia nos puntos máis afectados e que se activen, sen máis demoras, actuacións de rehabilitación e reforma estrutural nos treitos danados. “Non abonda con limitar a velocidade; cómpre actuar con responsabilidade e garantir condicións de seguranza axeitadas” sinala o deputado.

Ademais, o BNG solicita información detallada sobre o estado actual das obras de rehabilitación estrutural do firme entre os puntos quilométricos 0 e 68,9 en Lugo, iniciadas en 2024 e cuxos prazos de execución foron ampliados o pasado ano. “O Ministerio comprometeuse a reducir os prazos durante a execución das obras, mais a realidade é que a situación da estrada segue a empeorar. É necesario concretar calendarios e garantir o cumprimento dos compromisos adquiridos” sentenza Néstor Rego

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...