Homesociedade2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para realizar arranxos en seis estradas provinciais ao seu paso polos concellos de Portomarín, Ribeira de Piquín, Sober e Xove.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete quilómetros ao inicio da LU-P-5903, que é a estrada que conecta este municipio con Doade “unha vía fundamental para a Ribeira Sacra polo que supón tanto para o turismo como para o sector vitivinícola”, sinala o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.

Cun prazo de execución de 2 meses, rehabilitarase o primeiro tramo da vía: desde o quilómetro 1,3 ao 8. Os traballos consistirán na reapertura de cunetas, saneo da explanada, reparación de desperfectos e repavimentación.

Avanzou o Deputado Provincial que estas obras “terán un impacto moi importante, porque esta vía dá acceso a miradoiros, adegas e explotacións de viño, sendo unha infraestrutura clave para o desenvolvemento da economía local. En base a esa importancia, levamos investidos máis de 700.000€ nesta estrada nos últimos seis anos”.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...

Proxección e coloquio no Ateneo Casino monfortino

O Cine Clube do Casino Ateneo convida a unha nova proxección audiovisual de balde....