Esta liña de axudas está destinada a paliar situacións transitorias de necesidade social relacionadas co pagamento de subministracións básicas de enerxía eléctrica, gas, gasoil calefacción e outras fontes de enerxía da vivenda das persoas e/ou familias que se atopen nunha situación de vulnerabilidade social e que teñan a súa residencia no ámbito municipal de Monforte de Lemos. O prazo de presentación de solicitudes ábrese ao día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e estará aberta ata o 18 de decembro de 2026.
Os gastos financiables a través destas axudas corresponderán á vivenda habitual do solicitante. Atendendo a súa finalidade poderán ser os seguintes:
- Para facer fronte ás facturas de electricidade que estean pendentes de pagamento na data da solicitude.
- Para facer fronte ás facturas de gas natural pendentes de pagamento na data da solicitude.
- Para facer fronte ó gasto de subministro de gasoil para calefacción e/ou auga quente.
- Para o subministro de gas butano para electrodomésticos de cociña, quentador e outro equipamento básico da vivenda para a mesma finalidade.
- Para outras fontes de enerxía, previa valoración técnica dos servizos sociais.
- Para facer fronte ás facturas de instalación/reparación de caldeiras ou adquisición doutros equipamentos que constitúan unha fonte de enerxía tales como quentadores, estufas… e que estean pendentes de pagamento na data de solicitude.
No caso das axudas para gas natural/gasoil destinadas ó mantemento do servizo de calefacción, atenderanse as solicitudes presentadas nos meses correspondentes á tempada de frío. Así mesmo, poderán ser obxecto das axudas os custos ocasionados para restablecer as subministracións no caso en que se producise o corte destas.
Persoas beneficiarias
Poderán solicitar esta axudas as persoas ou unidades de convivencia residentes no Concello de Monforte de Lemos que os Servizos Sociais valoren que se atopan en situación ou risco de exclusión social que cumpran os requisitos de acceso establecidos no punto 5º e as condicións reguladas nestas bases.
Considérase situación de risco de exclusión social aquela provocada pola ausencia ou insuficiencia de recursos económicos para afrontar as necesidades básicas da unidade familiar e, no seu caso, a concorrencia doutros factores que ponderados polos servizos sociais comunitarios condicionen negativa e/ou gravemente a inclusión social. Considérase unidade de convivencia o conxunto de persoas que viven no mesmo domicilio.
Poderán solicitar e ser beneficiarias destas axudas aquelas persoas ou unidades de convivencia que reúnan os seguintes requisitos:
- Ser maior de idade ou menor emancipado con menores a cargo.
- Que o solicitante e a unidade familiar independente solicitante estean empadroados e teñan residencia efectiva no termo municipal de Monforte de Lemos cunha antigüidade mínima e ininterrompida de 6 meses. Excepcionalmente, atendendo as circunstancias sociais do caso, poderase eximir do período mínimo de residencia segundo valoración técnica dos servizos sociais.
- Acreditar a situación de necesidade social pola que demanda a axuda orixinada pola insuficiencia de ingresos para afrontar os gastos derivados da situación que xustifica a solicitude de axuda.
- Ser o titular do contrato da subministración eléctrica ou gas natural e que estea vixente na data de presentación da solicitude. No caso de ser titular dun contrato de arrendamento, ser o pagador da correspondente factura de subministro da vivenda e non ter coa persoa arrendadora da vivenda alugada relación conxugal ou de parentesco ata o 3º grao nin constituír con aquel unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade conxugal.
- No caso de subministracións eléctricas e gas natural que teñan facturas impagadas.
- A contía das axudas determinarase en función do tipo de axuda e da valoración social realizada pola traballadora social de referencia da persoa solicitante e có limite que se establece a continuación:
| TIPO AXUDA | LÍMITE DA AXUDA |
| 1-Enerxía eléctrica | Ata un máximo de 250€/ano. |
| 2-Gas natural | Ata un máximo de 250€/ano |
| 3-Gasoil | Ata un máximo de 500€/ano |
| 4-Gas butano | Ata un máximo 150 €/ano |
| 5-Outras fontes de enerxía | Ata un máximo de 300€/ano |
| 6- Instalación/Reparación de caldeiras e equipamento básico (quentador de auga, estufas…) | Ata un máximo de 500€/ano |
Presentación de solicitudes As solicitudes de axuda cubriranse a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica do Concello (https://sede.monfortedelemos.es) e presentarase preferentemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar as solicitudes presencialmente en soporte papel no modelo normalizado no Rexistro Xeral do Concello ou no existente no Centro de Servizos Sociais comunitarios ou en calquera das formas previstas na normativa reguladora do procedemento administrativo

