HomesociedadeO Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, sumouse á celebración do Entroido de Salcedo, na Pobra do Brollón, que este luns viviu a súa xornada máis singular coa saída do célebre Oso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar “un dos Entroidos con máis sona e tradición de Galicia”, recoñecido como BIC no marco da declaración da paisaxe cultural da Ribeira Sacra aprobada en 2018. Ademais do arraigo local destaca a vertente lúdica e festiva desta cita, que xera gran expectación popular e mediática entorno á figura do Oso.

A Xunta colabora coa Asociación Veciñal de Salcedo para impulsar catro días de programación – do sábado 14 ao martes 17 -, que tamén inclúe ás Madamas e Danzantes, os Disfraces de Campo, funcións de teatro e música variada.

Oso Salcedo / Delegación territorial

ÚLTIMAS

As Oficinas de Retorno itinerantes atenderon a máis de 4000 persoas na provincia

Na provincia de Lugo o servizo leva atendidas xa máis de 4.000 persoas desde...

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...