HomeDeportes160 xogadores no I Campionato de Europa IPPA de Pitch&Putt que se...

160 xogadores no I Campionato de Europa IPPA de Pitch&Putt que se celebrará en Monforte en xullo

Non é a primeira vez que Monforte acolle unha competición de alto nivel de Pitch & Putt. O Alcalde lembrou que, nos últimos dous anos o campo de golf de Ribas Altas foi escenario do Campionato de España de Federacións Autonómicas desta modalidade de golf celebrado en outubro de 2025, e do Campionato de España Masculino, en maio do 2024.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co presidente do Club de Golf Río Cabe de Monforte, José Ángel Pérez Reñones, e o xerente, Alberto Pérez Galán, presentaron esta semana o I Campeonato de Europa IPPA de Pitch&Putt individual, que terá lugar na cidade do Cabe os días 3, 4 e 5 de xullo do presente ano, nas instalacións que o Club de Golf Río Cabe ten en Ribas Altas. Trátase dun evento de alto nivel competitivo, destacou o rexedor, “no que se agarda a asistencia de arredor de 160 xogadores internacionais, ademais de técnicos, árbitros, delegacións oficiais e acompañantes, polo que roldarán os 400 visitantes”.

Este campionato europeo está impulsado pola International Pitch and Putt Association (IPPA), que é a organización internacional que goberna e promove esta modalidade de golf, o Pitch&Putt, como deporte competitivo. O campionato desenvolverase durante 3 días que coinciden coa celebración do Festival do Viño da Ribeira Sacra 2026, o primeiro fin de semana de xullo, “o que, sen dúbida, vai complementar a promoción de Monforte nos países de procedencia dos xogadores participantes”, manifestou o rexedor na súa intervención.

Isto é posible, explicou o Alcalde, “porque o Club Río Cabe conta cunhas excelentes instalacións para albergar competicións desta índole, o chamado ‘golf rápido’. Concretamente, un campo de 18 hoyos Par 3, cunha distancia aproximada de 1.200 metros, que é o que caracteriza o Pitch & Putt: percorridos máis cortos que permiten xogar rondas máis rápidas e intensas que no golf de campo largo”.

Pola súa banda, o presidente do Club de Golf Río Cabe, José Ángel Pérez Reñones, falou gran relevancia que ten este evento deportivo a nivel internacional e da expectación que está xerando: “É espectacular, o ambiente é incrible”, afirmou. Así mesmo, agradeceu o apoio do Concello de Monforte na organización do campionato, “unha colaboración fundamental para que se poida celebrar aquí”, indicou. A aportación económica por parte do Concello ascende a 4.000 euros, un terzo do orzamento total.

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...