Homesociedade5.600.000€ para a mellora do saneamento no Polígono do Reboredo

5.600.000€ para a mellora do saneamento no Polígono do Reboredo

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de negociar coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) unha modificación do convenio de colaboración asinado en 2023 para a construción dunha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) no Polígono Industrial do Reboredo, incrementando a inversión total en preto de 1M€ para renovar todo o saneamento do polígono

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta modificación do acordo conta con todos os informes favorables e suporá “unha mellora substancial no saneamento e depuración da principal área empresarial da nosa cidade”, explica o rexedor, polo que será sometida á aprobación por parte do Pleno da Corporación na sesión ordinaria que se celebrará este luns, 23 de febreiro.

A construción da nova depuradora, actualmente en fase de execución comezou cunha colaboración por importe de 4.708.154,36€, dos que  4.001.931,21€ correspondían á CHMS, que asume o 86,65% da inversión, e 706.223,15€ ao Concello de Monforte, que se fai cargo do 13,55% restante. Con esta modificación do convenio, a renovación de todo o saneamento do Polígono Industrial do Reboredo suma 930.000€, polo que a inversión total ascende a 5.638.154,36€ , dos que  4.885.431,21€ corresponden á CHMS, e 752.723,15€ ao Concello de Monforte.

A addenda de modificación e prórroga do convenio proposta para a súa aprobación no pleno do luns ven motivada pola necesidade de executar unha obra complementaria á prevista no proxecto. Esta novidade consiste na construción e mellora da rede separativa de augas pluviais e augas residuais no conxunto do polígono empresarial do Reboredo, así como a súa desconexión da EDAR. Tamén se amplían nun ano as anualidades previstas no convenio, estendéndose o prazo de execución ata 2027.

O Alcalde, José Tomé, recalca a “importancia desta inversión, que suporá unha mellora aínda máis significativa no saneamento e depuración do Polígono do Reboredo, xa que o sistema separativo de pluviais e residuais é fundamental para optimizar o tratamento das augas e previr a contaminación”. As obras, indica, “consistirán na instalación de redes independentes para pluviais e residuais mediante dúas tubaxes paralelas en cada rúa do Polígono, producindo unha maior eficiencia da depuradora”. A posta en marcha da nova EDAR, subliña, “vai supoñer un antes e un despois no nesta zona industrial de Monforte e, polo tanto, no crecemento da actividade económica e do emprego”.

Características da nova depuradora

A nova infraestrutura poderá funcionar por módulos para que a calidade da depuración sexa a establecida nos parámetros que marca a normativa. Así mesmo, vai ter posibilidade de ampliación, xa que estará dispoñible a parcela colindante, na que está emprazada a actual depuradora. “Esta actuación contribúe tamén á mellora medioambiental, xa que as augas depuradas vanse entubar dende a saída da depuradora do polígono ata a depuradora de Piñeira, sen ningún vertido, o que significa que o regato do Carballo volverá a ter vida, recuperando o seu estado orixinal”, salientou José Tomé.

Prevese que trate 1.000 metros cúbicos diarios de residuos e, ademais, está preparada para tratar residuos específicos, como poden ser os lácteos. Executarase tamén unha condución de desaugadoiro (emisario) desde a nova EDAR ao Río Cabe, de máis de 1,5 km de lonxitude.

A nova infraestrutura deseñouse con dúas liñas construídas, coa posibilidade de ampliación mediante outra liña de tratamento, podendo dispoñer dun terceiro reactor biolóxico máis un terceiro decantador secundario. O pretratamento e liña de lodos xa quedan deseñados para acoller o caudal previsto coa ampliación.

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...