A moción que presentara Esperta Monforte o ano pasado rexeitouse por parte do equipo de goberno e agora o deterioro da muralla segue avanzando, polo que Esperta Monforte presenta unha nova moción na que solicita:
- Consolidar de formar urxente a zona onde ocorreu o corremento de terra por debaixo da Torre dos Monxes e limpala de maleza.
- Acomoter as labores máis urxentes de limpeza e consolidación da muralla nas zonas máis críticas onde existen derrubamentos.
- Incluir no orzamento do concello unha partida de gasto plurianual e específica para o seu mantemento.
- Instar a todas as administracións a implicarse no financiamento dun plan integral para a rehabilitación e posta en valor da muralla e da súa contorna, aproveitando o plan director que posúe a Xunta de Galicia e as propostas da redacción inicial do PEPRCH de Monforte.
Noutra moción Esperta Monforte insiste na remunicipalización do servizo de abastecemento de auga e saneamento. Lembran que a concesión do servizo a Aqualia remata en xullo deste ano, e aínda considerando que con estes prazos a proposta chega tarde, reclaman a remunicipalización e que dacordo co informe no que se recollen as necesidades reais da rede de abastecemento, se implementen xa as medidas necesarias para executalo, “tendo en conta que como informou o alcalde, existe unha contía de 10 millóns de euros concedidos polo Consello de Ministros para tal fin”, lembran.
Esperta Monforte interésase tamén polo nome da empresa contratada polo concello para facer as bases do concurso do novo contrato da auga e se alguén recomendou esta empresa ao concello.

