HomeMovementos sociaisO CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel pide axuda á veciñanza para...

O CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel pide axuda á veciñanza para recuperar palabras en desuso

A iniciativa ten como obxectivo que a a xente de Folgoso do Courel doe as súas palabras ás xeracións máis novas. Cunha recolleita a través de cadernos e dunha ficha dixital tentarán rescatar léxico e expresións do galego autóctono que corren o risco de desaparecer.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O CPI Poeta Uxío Novoneyra vén de poñer en marcha unha iniciativa, “Palabra no tempo”,coa que se procura que a veciñanza de Folgoso do Courel doe as súas palabras ás xeracións máis novas. Elaboraron varios de cadernos que foron repartidos polo alumnado en lugares como os Centros de Saúde, Casa do Maior, Concello, farmacias, tendas de alimentación e bares co obxectivo de que voluntariamente a xente informe das súas palabras e/ou expresións que crean que poden desaparecer ao non ter presenza na fala no día a día ou que estean a empregarse de xeito moi residual. Ademais dos cadernos onde se poden deixar as palabras, tamén contan cunha versión dixital, na que se poden facer chegar as achegas a través da seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeTyKqDZ4NP3COoxcqOxmxMTeldAv4fgger4yK_qosR7KEFJg/viewform?pli=1

PALABRAS E EXPRESIÓNS

Carrozo, espoilanado, laparicar, malacote, reprexo, zampexa, bolécora, moradella, esfragadoiro, candente, ganceallo, coza, carpanza, estar lento, oví galán!, … son algunhas das case de 100 palabras que xa se rexistraron nunha primeira sondaxe realizada por todo o alumnado do centro. Todo este traballo susténtase no Plan Proxecta “Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional”, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...