Homesociedade457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

O alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, vén de presentar o novo dispositivo para a recollida de residuos urbanos, limpeza viaria e xestión do punto limpo. Incorpóranse 3 novos vehículos e substitúense 680 colectores. Actuacións que conta cun investimento de preto de 457.000 euros

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á  recollida de lixo na zona rural, pois o seu tamaño permite acceder a toda a rede de camiños municipal, facendo máis áxil o servizo. Un furgón de caixa aberta con plataforma elevadora e basculante, empregarase para a carga domiciliaria de mobles e enseres, así como para a limpeza viaria, xa que está equipado cun depósito de auga e hidrolimpiadora. Incorpórase tamén unha varredora autopropulsada de aspiración; unha das máis avanzadas do mercado que permitirá o varrido tanto de calzadas como de beirarrúas nos núcleos municipais.

Esta renovación do servizo completarase coa substitución da práctica totalidade dos colectores: 580 de fracción resto, 50 de envases e outros 50 para a almacenaxe de papel e cartón. Supón, segundo destacou Armesto, “un paso decisivo na modernización e mellora dos servizos públicos, coa incorporación de equipos máis eficientes, sostibles e adaptados ás necesidades actuais do municipio”.

Deste xeito, estas dotacións permitirán optimizar rutas, reducir tempos de actuación e mellorar a cobertura do servizo en todo o termo municipal, garantindo unha resposta máis eficaz. “Con esta inversión reforzamos o noso compromiso cun Saviñao máis limpo, ordenado e sostible, ao tempo que melloramos as condicións de traballo do persoal municipal. Avanzamos na mellora dos servizos básicos, fundamentais para garantir a calidade de vida da cidadanía e a boa imaxe do municipio”, asegura o rexedor.

Equipo Limpeza O Saviñao / Concello O Saviñao

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...