HomesociedadeCampaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en...

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

O obxectivo desta acción a nivel nacional é reforzar o coñecemento do noso produto e do seu selo de calidade no punto de venda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de promoción 2026 a nivel nacional como parte dunha nova estratexia orientada a achegarse de forma directa ao consumidor final e reforzar o recoñecemento do selo de calidade nos lineais de supermercados de todo o país.

Búscase que o cliente identifique claramente a Pataca de Galicia certificada no  momento da compra e asocie o selo IXP á garantía de orixe, rastrexabilidade e excelencia. Así mesmo quérese conseguir que o consumidor recoñeza o distintivo oficial no andel, diferenciándoo fronte a outras opcións.

PARTICIPAR PODE TER PREMIO: 3 EXPERIENCIAS PARA DÚAS PERSOAS NA RIBEIRA SACRA

Para avaliar o resultado desta campaña pídese a participación do consumidor e ofréceselle a posibilidade de acadar un premio. Así, pois, a mecánica de participación sería a seguinte: mercar unha bolsa de pataca galega certificada, acceder á web oficial, completar un formulario, introducir o código da etiqueta e subir unha fotografía do envase onde se visualice a certificación.

Como incentivo, sortearanse tres experiencias para dúas persoas na Ribeira Sacra valoradas en 800 euros cada unha. “O premio inclúe unha experiencia completa nun dos territorios máis emblemáticos de Galicia, combinando aloxamento, gastronomía e contorna natural, reforzando así a conexión entre produto, territorio e orixe”, explican dende a IXP Pataca de Galicia. Deste xeito, din tamén dende a organización, “a campaña non só impulsa o consumo de pataca certificada, senón que proxecta a identidade galega e pon en valor o vínculo entre a calidade do produto e a súa procedencia”.

A promoción estará activa ata abril e o sorteo farase en maio, unha vez finalizado o período de participación. Pódense consultar as BASES na páxina web oficial da campaña.

ESTRATEXIA COMERCIAL

Alén da estratexia estrutural de posicionamento de marca a acción permitirá recoller datos estatísticos sobre o recoñecemento do selo IXP Pataca de Galicia no conxunto do territorio nacional, así como información relevante sobre o perfil do consumidor. Estes datos servirán para optimizar futuras accións promocionais e reforzar a presenza da marca en mercados estratéxicos.

Como complemento ao anterior, tamén se desenvolveu a web pensando no consumidor final co obxectivo de trasladarlle de xeito claro e directo as avantaxes de mercar pataca galega certificada. Nela explícase porque este produto achega un valor diferencial ao comprador –controis de calidade, rastrexabilidade garantida, alto sabor, textura óptima, valor nutricional– e pon en valor o traballo dos traballadores do agro.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...