HomeCulturaA Casa da Cultura de Chantada acolle unha exposición de Maquetas Modernistas,...

A Casa da Cultura de Chantada acolle unha exposición de Maquetas Modernistas, homenaxe a Rodolfo Ucha Piñeiro

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 26 de marzo a exposición “Maquetas Modernistas”, homenaxe de Carlos Macías a Rodolfo Ucha Piñeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Macías, nado en Ferrol no 1949 e vinculado á construción naval, cando se xubila comeza a transformar o tempo libre en pezas que representan edificacións características principalmente da costa ferrolá, con especial atención ao gran patrimonio modernista da cidade, a través da obra de Rodolfo Ucha Piñeiro. Recrearía tamén faros, ermidas, dornas….

A maioría dos traballos a exposición están feitos con produtos reciclados e ferramentas que calquera pode ter en casa, deste xeito a creatividade adquire protagonismo nesas pezas, que recrean para o visitante o legado do mestre do Modernismo, Rodolfo Ucha Piñeiro. Edificios que comparten o día a día da cidade xunto a obras que xa só perviven no recordo duns poucos.

As maquetas de Macías mostráronse en lugares como a Feira do Modernismo de Barcelona, a de León ou a Feira de Turismo de Silleda. Elaborou maquetas expresamente para a exposición “Ferrol Vello, o barrio do que todos somos veciños”, e cedeu pezas tamén para distintas exposicións e mostras nas Oficinas de Turismo de Ferrol, Ateneo Ferrolán.

En Chantada, Macías “séntese emocionado de poder compartir estas pequenas creacións, que brotan do seu corazón a través das súas mans”. A mostra pode visitarse en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00 a 20:00 de luns a venres e os sábados de 10:00h a 14:00h.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...