HomeDeportesA 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

Monforte volverá ser protagonista no calendario do ciclismo nacional e internacional. O 6 de maio a cidade será punto de partida da 4ª etapa de La Vuelta Femenina by Carrefour.es, unha das grandes citas do ciclismo feminino a nivel mundial e que reunirá ás mellores ciclistas do panorama nacional e internacional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este luns, 9 de marzo, ás 19.00 horas, no Auditorio Municipal de Ribeira (A Coruña). A cuarta edición desta ronda feminina terá a súa saída oficial en Galicia o vindeiro 3 de maio e, tal e como avanza o rexedor, Monforte será protagonista da 4ª Etapa, que sairá da cidade do Cabe o mércores, 6 de maio, percorrendo o centro urbano.

“A saída estará situada na Praza da Compañía e continuará pola rúa Cardenal, Avenida de Galicia, Ronda María Emilia Casas Baamonde, Doctor Casares saída da cidade pola rúa Morín”, detalla o Alcalde. A etapa terá unha distancia de 115,2 quilómetros, cunha elevación de 304 metros en relación con Monforte. Tras saír da cidade do Cabe, percorrerá as localidades de Sarria, Láncara, Páramo, Portomarín, Ventas de Narón, Taboada e Monterroso para rematar en Antas de Ulla. A meta estará situada no Parque Central de Galicia, no punto identificado como o centro xeográfico de Galicia.

O alcalde, José Tomé, destaca o alto impacto deportivo e mediático a nivel internacional deste evento deportivo, unha cita xa consolidada no calendario do ciclismo feminino: “Terá cobertura en 190 países, incluíndo canais xeneralistas e canais temáticos deportivos, 18 emisoras en directo, 3 axencias de noticias e diferentes páxinas web nacionais e internacionais. Estamos falando dunha cobertura que abarca case todos os recunchos do planeta”. Así mesmo, agárdase presenza ‘in situ’ de xornalistas especializados de 9 nacionalidades: Brasil, Francia, Italia, Colombia, República Checa, Portugal, Países Baixos, Polonia e España.

A retransmisión en España será a través de RTVE, e para toda Europa en Eurosport. Na edición de 2025, lembra o Alcalde, emitíronse en directo por Teledeporte todas as etapas e acreditáronse un total de 112 xornalistas de 66 medios de comunicación. As previsións de La Vuelta para esta edición son semellantes.

A cidade do Cabe volverá ter protagonismo no ciclismo nacional e internacional 8 meses despois de acoller a meta da 15 Etapa de La Vuelta, o pasado 7 de setembro de 2025. O alcalde, convida aos monfortinos e monfortinas a saír novamente ás rúas o 6 de maio para desfrutar dun evento deportivo destas características.

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...

A UNED de Monforte estrea o Programa Sénior

A formación que xa comezou a finais de febreiro está impartida por Ruth Díaz...