HomeEconomíaO CCU de Monforte renova convenio financieiro para facilitar o acceso a...

O CCU de Monforte renova convenio financieiro para facilitar o acceso a crédito dos asociados

ABANCA e o Centro Comercial Urbano de Monforte renovan a súa colaboración co obxectivo de mellorar o acceso ao crédito dos autónomos e pemes e impulsar o comercio local.

Publicado o

- Advertisement -

O convenio facilita que os comerciantes asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Os asociados poderán contratar produtos como préstamos persoais e hipotecarios, pólizas de crédito, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial.

Os profesionais pertencentes ao CCU tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento dos dispositivos TPV; das liñas de financiamento especial do Plan Activamos, liña aberta polo banco e a Deputación de Lugo e do Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

Ponse a disposición dos asociados o servizo de banca a distancia e persoal especializado en xestión de seguros, que informará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada asociado.

O Centro Comercial Urbano Monforte naceu no ano 2003 e o seu obxectivo principal é defender os intereses das máis de 150 empresas e negocios desta área de influenza, así como realizar proxectos orientados a promocionar as actividades que desenvolven na zona.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...