HomesociedadeO Val de Quiroga de Tapas do 20 ao 30 de marzo

O Val de Quiroga de Tapas do 20 ao 30 de marzo

Entre o 20 e o 30 de marzo chega a décimo cuarta edición do Val de Quiroga de Tapas. Once establecementos serán os que participen este ano, sete de Quiroga: O Portón, A Botica, Chapacuña 3, Matrioshka, Quiper, a Adega de María e o mesón Terriña Salvaxe; e e catro de Ribas de Sil: A Cabina, Las Vegas, Restaurante Praia Fluvial e Mesón Luís.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O funcionamento  do concurso será o mesmo que en anos anteriores. A tapa que cada establecemento presenta a concurso, a un prezo de 2 €, deberá estar a disposición do público consumidor entre as 12:00 e as 14:30 e as 19:00 e as 22:30. Con cada tapa o establecemento concursante deberá de selar o tapacartón do cliente, que se pode recoller en calquera dos establecementos que concursan.

Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas participantes poderá votar a súa favorita utilizando o mesmo tapacartón poñendo o nome da que elixe como gañadora e os datos da persoa participante e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso.

Os concursantes terán de prazo ata o último día do concurso, o día 30, ás 23:00 h para depositar os cartóns con todos os selos en calquera das urnas situadas en cada establecemento participante. O establecemento gañador recibirá unha placa conmemorativa e 100€ en metálico.

Os participantes que completen a degustación das tapas e voten á tapa que máis lles gustou entrarán nun sorteo no que poden gañar diferentes premios: 200 € e 100 € en metálico; dúas entradas para o descenso de Barrancos polo río Ferreiriño do programa Descubrir Quiroga; dúas entradas pra o descenso en piraguas por Augas Mestas do programa Descubrir Quiroga; seis paquetes para 2 persoas da ruta guiada polo Xeoparque Montañas do Courel con degustación dos “Sabores das nosas rochas”; unha ruta guiada en Segway para dúas persoas polos canóns do Sil con Enoturismo Galicia; un almorzo para dous na Confitería Panadería Moure de Monforte de Lemos; unha visita guiada en Bodega Val do Frade de Vilachá na Pobra do Brollón; unha cea para dúas persoas en Chapakuña 3; dous menús en Bar a Cabina de San Clodio; un vale de 50 €, no restaurante Praia Fluvial de San Clodio; unha estancia para dúas persoas con almorzo no Hotel-Restaurante Las Vegas de San Clodio; Unha comida para dous na Botica ou cestas con produtos típicos da zona: Aceiroga, Atrium Vitis, Casa de Outeiro, Caurelor,  EDV 2015, Val de Quiroga e Lar de Ricobao.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...