HomeDeportesDo 20 ao 25 de xullo Monforte acollerá o primeiro Campus de...

Do 20 ao 25 de xullo Monforte acollerá o primeiro Campus de Baloncesto do Club Breogán

Está dirixido a nenos e adolescentes de 6 a 18 anos e celebrarase no pavillón Río Cabe do 20 ao 25 de xullo, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Tenente Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, presentaron esta semana o primeiro Campus de Tecnificación ‘The Basket Dream’ Breogán que acollerá Monforte na semana do 20 ao 25 do próximo mes de xullo. Na rolda de prensa estiveron acompañados pola presidenta do Club de Baloncesto de Monforte, Val de Lemos, Marga Rodríguez; o representante de The Basket Dream, Alberto Carmona, e o histórico adestrador do Breogán, Quique Fraga.

As inscricións xa están abertas, Prada destacou a oportunidade que supón para a rapazada afeccionada a este deporte, “vén co selo do Breogán, un club referente no baloncesto galego”. Os participantes, indicou, “terán ocasión de mellorar a súa técnica e desfrutar de sesións dirixidas por adestradores profesionais, polo que recibirán unha formación de calidade e unha experiencia enriquecedora”.

Pola súa banda, a presidenta do Val de Lemos de Monforte, Marga Rodríguez, agradeceu o apoio do Concello de Monforte para a organización deste Campus nun ano moi especial para este Club monfortino, xa que cumpre 25 anos de historia. “Para nós o baloncesto é unha ferramenta de integración e de por en práctica todos os valores que queremos imprimir nos xoves”, indicou.

Alberto Carmona e Quique Fraga amosaron tamén o seu agradecemento ao Concello de Monforte pola colaboración e detallaron que o campus contará cunha modalidade intensiva, enfocada na mellora da táctica individual e colectiva, cun traballo específico de tecnificación adaptado por idades e niveis, “permitindo a cada xogador desenvolver ao máximo as súas capacidades”.

Como complemento, o venres 24 celebrarase un torneo 3×3 co obxectivo de fomentar a competición, o compañerismo e a diversión dentro do baloncesto. Aínda que o número de prazas está por definir, estímase unha capacidade entre 40 e 50 participantes.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...