HomePolíticaBNG do Saviñao demanda saneamento e beirarrúas para Cima de Vila

BNG do Saviñao demanda saneamento e beirarrúas para Cima de Vila

Os nacionalistas instan ao goberno municipal do Saviñao a solicitar unha liña de subvencións da Xunta para este fin.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo o BNG, na rúa Cima de Vila, preto da Praza Maior, hai un nutrido grupo de vivendas, que non dispoñen de saneamento nin beirarruas, a pesar de que este chega moi preto das súas casas e a de que os veciños o levan solicitado en múltiples ocasións.

Os nacionalistas xa levaron a pleno, o pasado 31 de agosto, o malestar da veciñanza pola falta de dotacións de saneamento para esta céntrica rúa de Escairón. Agora piden, que xa que a Xunta vén de sacar unha liña de subvencións para este fin, en concellos de menos de 5000 habitantes, que se solicite para este fin.

“É tan difícil de crer que vivindo no centro urbano de Escairón, pagando IBI de máis de 800 €, estas casas carezan dun servizo tan básico e esencial en pleno século XXI”, declara a concelleira do BNG Antía Nieves. Os nacionalistas reclaman unha solución urxente a este problema e que xa que a veciñanza paga impostos, que poida contar cuns servizos mínimos.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel comunica á Xunta o interese na residencia de maiores e facilítalle os terreos

Desde o concello de Folgoso do Courel aseguran que poden dar este paso despois...

Este 30 de setembro regresan os Faladoiros de Quiroga con recordos da vida no rural

A protagonista será Loyda López Pérez, unha emigrante retornada, que con sete anos marchou...

Unha ruta gratuíta do Barco á Rúa convida a percorrer o Camiño de Inverno o 3 de outubro

Unha ruta a pé de 12,65 quilómetros para a que se habilitan 60 prazas....

Chantada acolle un obradoiro sobre o emprego de pinturas naturais na construción

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou este luns aos participantes na actividade,...