HomesociedadeAgacal promove no Mes do Amandi os produtos de calidade diferenciada

Agacal promove no Mes do Amandi os produtos de calidade diferenciada

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, colabora co Concello de Sober no desenvolvemento das actividades do Mes do Amandi, unha iniciativa que pon en valor esta subzona da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O director da Axencia, Martín Alemparte, participou nunha xornada celebrada na Escola de Hostalaría da Fundación Belarmino Fernández, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

A actividade consistiu nunha acción formativa dirixida ao alumnado e profesorado do centro, na que se ofreceu información sobre os produtos amparados polas indicacións xeográficas protexidas Lacón Galego, Pataca de Galicia e Grelo de Galicia, co obxectivo de fomentar o seu coñecemento e uso na cociña.

Ademais, desenvolveuse unha sesión práctica na que se elaboraron pratos con estes produtos, acompañados dunha maridaxe con viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, destacando a calidade e versatilidade da produción agroalimentaria galega.

Neste sentido, o director da Axencia destacou que “produto, formación e territorio van da man no impulso da calidade diferenciada galega”. Con esta colaboración, a Consellería do Medio Rural reforza o seu compromiso coa promoción dos produtos de calidade diferenciada e coa formación dos futuros profesionais da hostalaría, contribuíndo tamén á posta en valor do territorio e do sector vitivinícola da Ribeira Sacra.

Agacal no mes do Amandi / Consellería Medio Rural

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...