Homesociedade“Plan de choque” para a N-120

“Plan de choque” para a N-120

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, vén de visitar a marcha das obras no termo municipal da Pobra do Brollón.

Publicado o

- Advertisement -

A N-120 conta cun firme do ano 2006, que en moitos puntos, está moi deteriorado e fai perigosa a condución por esta vía. Fai unhas semanas actuouse na mellora da adherencia nas curvas de Abrence e agora Fomento repara o firme en 46 quilómetros desta estrada dentro da provincia de Lugo, cun investimento de 667.000 euros.

Segundo a subdelegada, estas obras forman parte do plan de choque no que se realizan traballos de emerxencia en 4 estradas da provincia cun investimento total de 2,2 millóns de euros para mantelas en bo estado e mellorar a seguridade dos automobilistas.

Dentro deste plan está a reparación do firme nas estradas  N-634, a N-VI, a N-120 e a N-540. Coas obras que comezaron na Pobra do Brollón xa están en marcha os traballos na N-120, a N-634 e na N-VI. A duración prevista para a finalización de todas as obras é de catro meses.

As estradas da Deputación

A Deputación aproba obras de mellora en 54 quilómetros de 23 estradas provinciais, que discorren por 9 Concellos, cun investimento da Deputación de outros 2,2 millóns. Na zona sur da provincia beneficaranse os concello de Sober e Samos.

En Sober acturarase en  2,4 quilómetros de dúas estradas da LU-P-5903, estrada para acceder aos principais miradoiros do Canón do Sil e LU-P-3201, enlace entre Sober e Monforte de Lemos. En Samos melloraranse 5 quilómetros de 2 estradas provincias: LU-P-5601, que vai de Samos ao Courel; e LU-P-5603 de Aira Padrón a Praducelo e a Ponte Louzara.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...