HomesociedadeMonforte inviste 110.000€ na XXIII Feira Medieval que se celebra os días...

Monforte inviste 110.000€ na XXIII Feira Medieval que se celebra os días 4 e 5 de abril

Este ano contarase con 140 postos de venda dos que 35 son paradas gastronómicas e venda de produtos alimentarios, 80 corresponden a artesáns con certificado de artesanía e os 35 restantes son de comercio diverso: fotografía, caricaturas, xabóns e cosmética artesanal, xoguetes, xoiería e bixutería, traxes medievais, complementos e coroas...

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a celebración do “Mercado para a Medieval” que se desenvolveu esta fin de semana na Praza de Abastos de Monforte presentouse o Programa completo da XXII Feira Medieval. O alcalde, Josñe Tomé, estivo acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; os Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e de Deportes, José Manuel Mougán, e a Concelleira de Muller, Igualdade e Comercio, Regina López.

O concello destina este ano algo máis de 110.000€, o investimento máis alto ata o momento. O resultado desta implicación e deste compromiso é que “hoxe temos unha Feira Medieval que é un referente no calendario festivo de Galicia. Una Feira que medrou nestes últimos anos en implicación da veciñanza de Monforte, en visitantes, en programación, en público que asiste aos diferentes espectáculos e tamén en superficie, xa que os espazos polos que se espallan as diferentes actividades da Feira e o Mercado tamén medraron”, apuntou o alcalde.

Programa da XXII Feira Medieval
  • PRAZA DE ESPAÑA: Base do Campamento Medieval, que é un dos eixos centrais da Feira, con recreacións históricas, obradoiros e prácticas militares a cargo dos Cabaleiros do Ulver. Neste punto desenvolveranse algúns dos espectáculos máis vistosos da Feira, como o da inauguración, o sábado 4 ás 12.00 horas, coa salva de artillería dunha bombarda do século XIV, alborada de lume e acrobacias en teas aéreas. Este espectáculo terá lugar xusto despois do Saúdo do Alcalde que dará comezo aos festexos. Desde a Praza de España sairá o sábado e o domingo ás 20.00 horas outro dos protagonistas desta edición, o GRAN DRAGÓN, inspirado nas lendas medievais da mitoloxía europea, que desfilará polas rúas da Feira acompañado polo grupo de músicos Turdión. Ás 20.30 horas do sábado partirá desta praza o pasarrúas ERRANTES con seres saídos da escuridade dos tempos; e ás 20.45h ofrecerá un concerto musical o grupo Turdión. A Praza será escenario o domingo, ás 19.00 horas, da entrega de premios dos diferentes concursos convocados polo Concello para incentivar a participación na Feira.
  • PRAZA DE SAN ANTONIO. Lugar escollido para a exposición de aves de rapina. Este ano, debido á gripe aviar, non están permitidas as demostracións de voo, tal e como comunicou por escrito a Xunta de Galicia. Esta Praza acollerá tamén o espectáculo VULCANO, que dará o peche á Feira, o domingo ás 21.00 horas, con lume e danza.
  • PRAZA DAS CLARISAS: Campamento infantil medieval con xogos e atraccións para os máis pequenos.
  • ADRO DA RÉGOA: Neste punto, ao pe do conxunto monumental de San Vicente, poderán facerse prácticas de tiro con arco e haberá postos de gastronomía para desfrutar dunha experiencia completa na Feira.
  • CAMPO DE TERRA DOS ESCOLAPIOS: Onde se disputarán as Xustas Medievais, con torneos e exhibicións de combate o sábado e o domingo, ás 18.00h. Este espectáculo, a cargo de “Hípica Celta”, é unha das grandes atraccións da Feira, sobre todo para o público novo.
  • PRAZA LUIS DE GÓNGORA, en San Vicente. Espazo protagonista da noite do sábado. Ás 21.00 horas subirá desde a Praza de España un pasarrúas con tambores, bufóns e trobadores medievais para asistir a dous dos espectáculos máis vistosos da Feira: DENDE ARRIBA, con acrobacias en teas aéreas de gran formato, seguido da tirada de fogos, e SOLTA DE FAROLIÑOS de papel que se repartirán entre os asistentes para encher de luz o ceo de Monforte.

José Tomé destaca o “gran tamaño e gran complexidade” da Feira no que se refire á organización e ao coidado de todos os detalles, mencionando a decoración polas rúas e espazos emblemáticos como a Ponte Vella, a Torre da Homenaxe e os pendóns que decorarán o Concello na Praza de San Antonio. Para a ornamentación contouse, como en anos anteriores, coa Asociación de Artesáns de Monforte.

Na ambientación do Monforte Medieval teñen moito que ver tamén os diferentes concursos convocados polo Concello para incentivar a participación e ornamentación. Son tres certames: Traxes medievais, Decoración de balcóns e Decoración de establecementos comerciais e hostaleiros. A resolución do xurado e entrega dos premios celebrarase o domingo ás 19.00 horas na Praza de España. Neste senso, o Alcalde animou aos establecementos de Monforte, tanto do comercio como da hostalería, a decorar os seus negocios e a vestimenta medieval durante os días da Feira para realzar este evento.

 La Luna, Gemma&Naza e Pan da Casa gañan o concurso “A polo mellor doce”

A concelleira de Muller, Igualdade e Consumo, Regina López, fixo entrega este domingo dos premios do concurso de repostería e pastelería “A polo mellor doce”, convocado polo Concello de Monforte dentro das actividades do Mercado para a Medieval, que se celebrou esta fin de semana.

O certame consistiu na elaboración de doces relacionados coa repostería ou estética medievais, e participaron un total de oito pastelarías e panadarías da cidade: La Luna, Pan da Casa, As Gándaras, Moure, O Castro, Fernández, Rufina e Gemma&Naza Cheesecakes. Foi o público do Mercado o que, coas súas votacións, determinou os gañadores nas tres modalidades do concurso.

A panadería La Luna fíxose co premio ao doce máis creativo; Gemma&Naza Cheescakes levou o premio á innovación, e Panadería Pan da Casa, o premio ao doce tradicional. Os doces premiados sorteáronse entre as persoas que participaron na votación e os agraciados recolleron hoxe o seu agasallo da man dos propios reposteiros.

Premiados concurso doces 2026 / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...