HomesociedadeCovas-Pinguela, Florida, Estación e Hospital en Monforte terán espazos verdes para mascotas

Covas-Pinguela, Florida, Estación e Hospital en Monforte terán espazos verdes para mascotas

O Goberno local licitará este proxecto cunha partida de 150.000 euros procedente da incorporación de remanentes que se aprobará no vindeiro pleno, o 30 de marzo. En total, estímase unha inversión de arredor de 600.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte vén de anunciar a construción dunha rede de caniles coa creación de catro espazos verdes para mascotas en catro zonas da cidade, co fin de que todos os veciños e veciñas de Monforte que teñen cans dispoñan de instalacións deste tipo a unha distancia non superior a 1 quilómetro desde a súa residencia. Os parques estarán situados nas zonas de Covas-Pinguela, Florida, Estación e Hospital.

O alcalde, José Tomé Roca, destacou que cuestións como o medio ambiente e o benestar animal son prioridades na folla de ruta do seu Goberno. “Ante unha poboación de cans en clara tendencia ascendente, unha rede de caniles na cidade convértese nunha necesidade”, apuntou o Alcalde. Estes caniles permitirán que os animais poidan realizar actividades físicas con regularidade, “evitando así que se estresen, enfermen ou se desestabilicen emocionalmente, dado que un can non debe permanecer atado ou confinado durante moito tempo, porque necesita socializar con outros cans para evitar problemas de conducta”.

O primeiro canil situarase no parque de Covas-Pinguela, nunha parcela de arredor de 1.300 m2, unha superficie, indicou o alcalde, “máis grande que a do canil da Milagrosa, en Lugo”. Así mesmo, avanzou que o Equipo de Goberno intentará que todos os caniles teñan unha superficie similar. Esta zona será a primeira porque o Concello xa dispón dos terreos necesarios para a súa instalación. “Os tres restantes iranse construíndo na orde na que se vaian conseguindo os terreos necesarios”, indicou Tomé.

Os caniles estarán dotados cunha zona de exercicios con elementos específicos de túnel, eslalon e balancín, e contarán con zonas de céspede mantido por un sistema de rego por difusión e aspersión, xabre compactado, solado con loseta de granito e un espazo para o aseo das mascotas composto por unha bañeira, mesa e fonte bebedeiro. Ademais, contarán con mobiliario de espera e descanso para os usuarios tanto cuberto como descuberto.

O primeiro paso é a incorporación dos remanentes que irán a pleno o vindeiro 30 de marzo. “Unha vez aprobados definitivamente licitarase a redacción do proxecto por un importe de 150.000 euros, aínda que a adxudicación poderá ser inferior en función das ofertas presentadas”, explicou. <z“O meu compromiso é que este mesmo ano estea en obras a primeira instalación, e que cada ano sexa construída unha nova, de tal modo que, en 3 anos, teremos construídos e en servizo os 4 caniles nas 4 zonas da cidade cun inventimento de 600.000€”.

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...