HomesociedadeEn Quiroga e Triacastela impártense cursos formativos para protección civil

En Quiroga e Triacastela impártense cursos formativos para protección civil

A Xunta organiza seis cursos con 143 prazas para persoal das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil nos municipios do Vicedo, Quiroga, Vilalba e Triacastela. Estas actividades formartivas forman parte da programación da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) para o primeiro semestre do ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira actividade comezou xa no Vicedo. Tamén se ofrecerán dous cursos presenciais de prevención e loita contra os incendios urbanos e forestais, nos municipios do Vicedo – do 10 ao 19 de abril- e Triacastela – do 15 ao 24 de maio -.

Por outra banda, haberá dúas accións formativas sobre desfibrilación externa semiautomática en Vilalba – o 25 de abril – e Quiroga – o 30 de maio -. O obxectivo é adquirir a formación necesaria para a utilización e manexo dos desfibriladores externos, co fin de conseguir aumentar as taxas de supervivencia nos pacientes con morte súbita, conseguindo un acceso precoz a un sistema de emerxencias médica. Tamén acurtar os tempos para realizar reanimación cardiopulmonar e a desfibrilación precoz.

Así mesmo, Quiroga acollerá do 20 de abril ao 11 de maio un curso semipresencial sobre accidentes na estrada, que terá unha parte en liña a través da plataforma de formación da Agasp. A finalidade é preparar aos voluntarios para a intervención en accidentes de tráfico.

A Agasp é o centro de referencia na formación das forzas e corpos de seguridade en Galicia e tamén dos servizos de emerxencias. Ofrece cursos con contidos actualizados e adaptados á realidade do seu traballo diario para garantir a seguridade da cidadanía galega.

Curso protección civil / Delegación territorial

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...