O Edificio Multiusos de Monforte acolle este xoves, 26 de marzo, ás 20.15 horas, unha nova función dentro do programa cultural organizado polo Concello de Monforte a través da Rede Galega de Teatro e Auditorios. A cita nesta ocasión é co actor galego, Carlos Blanco, que presenta o seu espectáculo “A Penúltima”.
Trátase dun espectáculo de imaxes, historias novas e vellas pero sempre coas risas aseguradas. 70 minutos breves, divertidos, sanadores e imprescindibles. Para non perdelo. A taquilla estará aberta no Multiusos a partir das 19.00 horas. O prezo da entrada xeral para esta obra é de 5 euros, 3 para desempregados, xubilados e estudantes.
As próximas citas co teatro no Edificio Multiusos serán o 23 de abril, 20.15 horas: “Amalia y el río, historia de una estraperlista”, de Teatro Guirigai e o 26 de abril, 18.00 horas: “Berenguela na gaiola”, do grupo Galeatro Producións Escénicas. Dirixida ao público infantil.


