HomePolíticaO PP de Monforte considera "desproporcionado" investir 5M€ na Ponte do Malecón

O PP de Monforte considera “desproporcionado” investir 5M€ na Ponte do Malecón

Os populares amosan a súa preocupación polo elevado custo e a situación económica, "Nun contexto de parálise económica e crise de prezos a nivel global, agravada pola inestabilidade internacional, entendemos que unha obra de tal envergadura e custo cualifícase como megalómana e allea á realidade que viven os nosos veciños".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao respecto deste proxecto, o PP asegura apostar firmemente pola protección do patrimonio, “comprendemos que a realidade do municipio aboca a pechar ao tráfico a ponte medieval máis pronto que tarde. Criticamos a falta dun estudio real sobre as repercusións que este peche terá para os residentes e os negocios da zona, que temen quedar sen comunicación directa”. Os populares consideran incomprensible que, en once anos de mandato, non se teñan realizado probas de corte de tráfico para avaliar o impacto real antes de comprometer un investimento “desta magnitude”.

Desde o Partido Popular piden sentido común e propoñen que se valoren outras opcións máis económicas, eficientes e xa proxectadas que responderían mellor ás necesidades da cidade, como dar prioridade á unión do barrio de Covas coa rúa Aceña Nova ou dar continuidade á circunvalación desde a estrada de Ourense ata a N-120, cumprindo os convenios pendentes co Ministerio de Fomento. Propoñen tamén solucións menos gravosas e máis sostibles como a ampliación da ponte nova ou a construción dunha estrutura máis sinxela dun só carril que dea servizo sen alterar de forma agresiva a contorna do Malecón.

Os populares aseguran que teñen como obxectivo un proxecto de futuro “que xere ilusión e emprego, non promesas millonarias sen cumprir. Defenderemos no pleno iniciativas con alternativas menos custosas para o Malecón, que actúen como revulsivo económico e palíen de xeito efectivo os problemas de tráfico derivados da necesaria peonalización da ponte medieval”. Convidan ao alcalde e ao seu equipo a reflexionar, xunto a todos os monfortinos, sobre se esta é realmente a solución máis conveniente para a cidade.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...