HomeMedio ambiente e PatrimonioDo 28 de marzo ao 30 de xuño reabren ao público 8...

Do 28 de marzo ao 30 de xuño reabren ao público 8 templos románicos da Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, en colaboración coa Diocese de Lugo, inicia a segunda fase do seu programa de apertura de templos románicos na provincia de Lugo. Esta nova etapa dá continuidade á experiencia piloto desenvolvida o pasado ano 2025, establecendo un sistema de apertura que permite descubrir e por en valor estas xoias do románico, habitualmente pechadas aos visitantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras a boa acollida da primeira etapa e unha vez analizado o seu funcionamento, o programa retómase agora cun novo período de apertura e unha relación actualizada de templos. O obxectivo é seguir mellorando a accesibilidade a este patrimonio e avanzar na definición dun modelo de visitas viable e axeitado ás singularidades destes espazos.

Esta nova fase dará comezo este sábado, 28 de marzo, en vésperas da Semana Santa, e estenderase ata o 30 de xuño de 2026, coincidindo coa finalización do PSTD Ribeira Sacra. Neste período, permanecerán abertas ao público as seguintes igrexas:

  • San Pedro de Bembibre (Taboada)
  • Santiago de Lousada (Carballedo)
  • San Miguel de Eiré (Pantón)
  • San Vicente de Pombeiro (Pantón)
  • San Xillao de Lobios (Sober)
  • San Vicente de Pinol (Sober)
  • Santa María de Nogueira de Miño (Chantada)
  • Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao)

As visitas seguirán sendo de carácter libre (sen guía), respectando sempre o uso relixioso dos templos e as normas de seguridade, cun aforo máximo de 25 persoas por igrexa. A tarifa xeral, establecida pola administración diocesana, establécese en 2 euros por persoa e templo, contando con prezos especiais para grupos e outros colectivos.

As persoas interesadas xa poden formalizar a súa reserva e consultar toda a información do programa na seguinte ligazón: https://turismo.ribeirasacra.org/apertura-iglesias-romanicas-2026

Os gastos derivados do persoal encargado de abrir as igrexas e recibir as persoas visitantes, así como do deseño gráfico, maquetación, produción de soportes de comunicación e contratación de publicidade, son asumidos con cargo ao Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra, compromiso coa mobilidade sostible e a mellora continua, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...