HomePolíticaO PP esixe á Deputación unha actuación “inmediata e urxente polo risco...

O PP esixe á Deputación unha actuación “inmediata e urxente polo risco de derrubamento” na LU-P-1801, en Chantada

O voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, xunto ao alcalde de Chantada, Manuel Varela, revisaron a situación na que se atopa a estrada provincial LU-P-1801 (Chantada – Nogueira – Os Peares) que á altura do PK-15, aproximadamente, “está a desprenderse, cun elevado risco de derrubamento cara os bancais e o río”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Antonio Ameijide denuncia o “alarmante estado” que presenta a estrada provincial LU-P-1801, na que “a única actuación realizada pola Deputación foi poñer unhas barreiras para evitar o paso pola zona afectada e botar un pouco de formigón na cuneta contraria”.

O voceiro provincial popular esixe “unha actuación rápida e urxente” para garantir a circulación e tamén alerta de que no caso de desprenderse o talud, “estaríamos ante un posible dano ao río, xa que o posible arrastre de terras suporía un impacto ambiental, e un seguro dano a inmobles, viñas e propiedades privadas sobre as que caería a estrada se non se actúa de xeito inminente”.

Ademais, o popular lamentou “a nula sensibilidade institucional” de PSOE e BNG que “durante uns días cortaron a circulación sen informar da situación ao Concello de Chantada”. “Vemos como o cambio na presidencia non supuxo ningún cambio na forma de traballar deste goberno provincial, mantendo o autoritarismo imposto polo anterior presidente e totalmente carente da lealdade institucional necesaria, sobre todo en casos de urxencia coma este, xa que nin aos propios veciños se informou do corte da estrada, nin dos motivos nin de cando se arranxaría a situación”, lamentou esixindo medidas para evitar que se produzan danos irreparables.

ÚLTIMAS

Convocado o concurso oficial para o cartel da XXII Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda vén de anunciar a convocatoria para participar no concurso gráfico...

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...