HomesociedadeRibeira Sacra prevé un 80% de ocupación para os días centrais da...

Ribeira Sacra prevé un 80% de ocupación para os días centrais da Semana Santa

As previsións de ocupación para apuntan a un comportamento turístico moi semellante ao rexistrado no pasado 2025.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre o 27 de marzo e o 6 de abril os establecementos consultados, e dos que se obtivo resposta polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, estiman unha ocupación media do 63% nos días previos e de case o 80% nos días centrais da Semana Santa. Con todo, os datos sitúanse en cifras moi semellantes ás do pasado ano.

A ocupación prevista desagregada por tipoloxía queda do seguinte xeito:

Nos días previos: Hoteis 4 e 3*: 76 %, Turismo Rural: 55 %, Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 56,50 %. Outros aloxamentos (albergues, pensións, campings, aptos e hoteis de 2 e 1*): 64 %.

Nos días centrais: Hoteis 4 e 3*: 87%, Turismo Rural: 78 %, Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 79 %. Outros aloxamentos (albergues, pensións, campings, aptos e hoteis de 2 e 1*): 74 %.

En termos absolutos, estas porcentaxes tradúcense nunha previsión de arredor de 6.642 prazas diarias ocupadas nos días previos e de 8.434 prazas diarias ocupadas nos días centrais, sobre unha oferta, segundo o último REAT, de 10.543 prazas.

Cómpre sinalar, segundo informan do Consorcio, que este ano os datos solicitáronse con máis antelación ca en anos anteriores, polo que as cifras actuais deben entenderse como unha estimación inicial e que van na liña do pasado ano.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...