Homesociedade72 viños e oito catadores e catadoras no Hotel Pazo de Sober

72 viños e oito catadores e catadoras no Hotel Pazo de Sober

O impoñente establecemento hoteleiro acolleu este sábado 28 de marzo o panel da cata oficial da XLVI Feira do Viño de Amandi.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O panel da cata oficial da XLVI Feira do Viño de Amandi estivo composto por oito catadores e catadoras, profesionais que se reuniron o sábado pola mañá no coñecido Hotel Pazo de Sober. Cataron un total de 72 viños participantes nas cinco categorías que levan premio na feira, que son as seguintes: rosado xove, branco xove, tinto xove (3 gañadores), barrica e outras anadas.

A cata estivo organizada pola empresa especializada neste tipo de eventos, Vinosacra, e os viños gañadores daranse a coñecer este domingo, tras o pregón da feira que ofrece o Chef Rafa Centeno ás 13:00 h.

Na xornada de sábado, amenizando o recinto feiral, actuaron pola mañá a Banda de Música de Sober, cun concerto para o público asistente, e o grupo de música tradicional Mallou. Este último a través do programa Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Actuación da Banda de Música de Sober. Foto: Concello.

Xa pola tarde, e cun gran ambiente de público en todos os postos das 22 adegas, a música correu a cargo da Charanga Bandiños Band, a Charanga Louband, a Orquestra Bravú Xangai, e os Gin Toni’s. Esta última banda animou a noite coas súas mellores versións pop-rock dos 80 e os 90.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...