HomeCulturaXXXIII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte, do...

XXXIII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte, do 20 de abril ao 20 de maio

O teatro escolar regresa un ano máis ao escenario da Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte. O Concello, a través da súa Concellería de Cultura, convocou o XXXIII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte que se celebrará do 20 de abril ao 20 de maio de 2026.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No certame poden participar todos os centros de ensino de Monforte de Lemos representando unha soa peza teatral. Tamén terán un espazo, en calidade de convidados, outras asociacións ou colectivos locais que soliciten e que obteñan a correspondente autorización por parte do Concello de Monforte.

O curso pasado conformaron o programa seis centros educativos e una ANPA, acadando unha alta participación de escolares e gran afluencia de público. De feito, este é un dos certames municipais máis lonxevos, con máis de tres décadas de historia desde que comezou a súa andadura en 1991.O obxectivo desta cita educativa e cultural non é outro que desenvolver as potencialidades artísticas e técnicas do alumnado e das persoas que o orientan, fomentando a convivencia, a tolerancia, a cooperación e a solidariedade.

As representacións faranse no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ás 20.00 horas en datas a determinar polo Concello e os centros de ensino nunha reunión que terá lugar o 13 de abril nas instalacións do Concello, ás 10.00 horas.

Tal e como recollen as bases, o Concello colabora cos centros de ensino participantes aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 200 euros. Os premios consisten na gravación en DVD das obras representadas, que serán entregadas aos centros inscritos, xunto cun diploma acreditativo da participación. A entrega de premios realizarase no salón de actos da Casa da Cultura o 27 de maio, ás 18.00 horas.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...