HomeDeportesO Korbis Lambetadas 'campión galego de Voleibol'

O Korbis Lambetadas ‘campión galego de Voleibol’

O equipo monfortino fíxose co título tras gañar ao CV Vigo na final xuvenil masculina disputada no Pavillón Polideportivo da Pinguela o pasado domingo 29 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado do Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entregaron o trofeo de Campión Galego de Voleibol Xuvenil Masculino ao equipo monfortino Korbis Lambetadas tras a final disputada este domingo no Pavillón Polideportivo da Pinguela.

O Korbis Lambetadas de Monforte e o CV Vigo enfrontáronse nunha emocionante final á que chegaron logo de gañar as semifinais contra o Arenal Emeve Lugo e o CV Oleiros, respectivamente. O Korbis alzouse coa vitoria no quinto set e logra así o pase ao Campionato de España de Clubs representando a Galicia na súa categoría. O trofeo de mellor xogador do Campionato foi para o xogador do Korbis Izan Rodríguez Beltrán.

Clasificación

1º. Korbis Lambetadas

2º. CV Vigo

3º. Arenal Emeve Lugo

4º. CV Oleiros

CAMPIONATO GALEGO DE VOLEIBOL XUVENIL FEMININO

A final do Campionato Galego de Voleibol Xuvenil Feminino enfrontou o pasado sábado 28 de marzo ás 18.30 horas ao Arenal Emeve Lugo co CV Cidade de A Coruña, logo de gañar as semifinais pola mañá contra o equipo local do Korbis Lambetadas e o CV Oleiros, respectivamente. As lucenses, que xa foron campioas da Liga, fixéronse co partido no cuarto set. O equipo representará a Galicia no Campionato de España de Clubs na súa categoría,

Clasificación

1º. Arenal Emeve Lugo.

2º. CV Cidade da Coruña.

3º. CV Oleiros

4º. Korbis Lambetadas

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...