HomesociedadeA Deputación licita por 144.762,83€ a reparación dun treito da LU-P-5301, en...

A Deputación licita por 144.762,83€ a reparación dun treito da LU-P-5301, en Ribas de Sil

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo vén de aprobar a licitación de tres novos proxectos cun investimento conxunto de 560.472,31€ para mellorar tres vías provincias ao seu paso polos concellos de Ourol, Ribas de Sil e Friol.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación licitou por 144.762,83€ a reparación dun treito da LU-P-5301, en Ribas de Sil. “Tal e como o anunciou a Presidenta da Deputación fai uns días cando a visitamos xunto co Alcalde, melloraremos un tramo de case 2 quilómetros -do punto 6,200 ao 8,198- desta vía que vertebra o municipio e comunica o núcleo urbano de San Clodio cos distintos miradoiros de montaña ata Alto da Cruz”, sinala o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón,.

Os traballos consistirán na reapertura de cunetas, na pavimentación con aglomerado en quente e no repintado da vía. Con este novo proxecto, a estrada quedaría acondicionada en practicamente todo o seu trazado, posto que “desde a institución provincial xa melloramos outro treito desta estrada, concretamente o que vai entre os quilómetros 3,1 e 6,2”.

Pablo Rivera fixo especial fincapé en que “o noso compromiso coa mellora da rede viaria provincial non entende de partidos nin de cores políticas, senón que responde a unha prioridade clara: garantir a seguridade dos veciños e veciñas e asegurar as conexións nos 67 municipios da provincia. Para nós, investir en mobilidade é tamén investir en cohesión territorial”.

ÚLTIMAS

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...