HomeCulturaAta o 5 de maio pódense presentar os carteis para anunciar as...

Ata o 5 de maio pódense presentar os carteis para anunciar as Patronais de Monforte

Establécese un único premio que será o cartel anunciador e a portada do programa das Festas 2026, ademais da cantidade de 1.000 euros para o autor ou autora do deseño, impostos incluídos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte convoca o XXI Concurso de Deseño de carteis das Festas Patronais 2026, co fin de escoller o cartel anunciador. As bases do concurso xa están publicadas na páxina web do Concello.

Para participar as obras deben de ser de creación propia, orixinais e inéditas. A técnica e o formato serán libres sempre que sexan aptos para a reprodución mediante cuatricromía. Quedan excluídos do certame os gañadores das dúas edicións anteriores deste concurso. Os deseños deberán incluír o texto “MONFORTE DE LEMOS FESTAS PATRONAIS do 11 ó 16 de agosto 2026”, distribuído do xeito que escolla o autor ou autora.

A entrega de orixinais realizarase persoalmente ou por correo no Rexistro Xeral do Concello de Monforte ata o 5 de maio de 2026, e non se aceptarán aquelas obras que leven cuño de correos con data posterior. As obras non levarán o nome do autor ou autora de maneira visible e presentaranse nun sobre asinado con pseudónimo, debendo acompañar noutro sobre pechado todos os datos persoais do autor: nome, enderezo postal completo, teléfono e enderezo de correo electrónico.

O cartel que reciba o premio quedará en poder do Concello de Monforte de Lemos. A propiedade intelectual do traballo gañador, corresponderá ao autor ou autora, non obstante a concesión do premio levará consigo a cesión exclusiva e gratuíta en favor do Concello de Monforte de todos os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación por calquera modalidade, medio ou formato, incluídos os audiovisuais, informáticos, multimedia e telemáticos. O gañador ou gañadora do concurso entregará tamén unha copia do cartel en formato dixital e incluirá os diferentes logotipos facilitados polo Concello de Monforte, e se é o caso das entidades patrocinadoras.

O cartel gañador e unha selección dos mellores traballos presentados realizada polo xurado quedarán temporalmente en poder da Delegación Municipal de Cultura para realizar unha exposición na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Unha vez rematada a exposición, serán devoltos aqueles que sexan solicitados polos seus autores. Estes responsabilizaranse totalmente de que non existan dereitos a terceiros nas obras presentadas.

O Xurado do concurso, designado na Xunta de Goberno deste luns, 30 de marzo, está composto por un presidente, 4 vogais en representación de diferentes ámbitos sociais, educativos e culturais de Monforte de Lemos, e como secretario o técnico de Cultura do Concello de Monforte, con voz e sen voto, que certificará o cumprimento das condicións establecidas nas bases do concurso. A decisión do xurado farase pública o luns 11 de maio de 2026.

Co fin de que as cualificacións do xurado sexan obxectivas, cada criterio terá unha valoración de entre 0 e 10 puntos, cun máximo de 90 puntos por xurado. Os criterios de selección e valoración son os seguintes:

  • Temática e relación coa cidade de Monforte e as súas festas
  • Mellor deseño gráfico
  • Tratamento das cores e tipo de letras
  • Diferentes usos do texto e das imaxes
  • Calidade técnica
  • Calidade artística
  • Impacto visual
  • Creatividade
  • Orixinalidade no deseño da montaxe

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...