HomeSucesosAlerta en Carballedo por un mozo desaparecido logo de envorcar o seu...

Alerta en Carballedo por un mozo desaparecido logo de envorcar o seu kayak no Miño

O suceso ocorreu no termo municipal de Carballedo, concretamente no lugar da Carballeira, parroquia da Cova

Publicado o

- Advertisement -

Un amplo dispositivo de emerxencias traballa contra o reloxo no río Miño tras o accidente sufrido por dous mozos na tarde deste luns. O suceso tivo lugar nas proximidades do encoro dos Peares, concretamente no lugar da Carballeira (parroquia da Cova), onde un kayak envorcou cos seus dous ocupantes.

Un dos mozos logrou poñerse a salvo

Segundo informou o 112 Galicia, a alerta saltou arredor das 16:40 horas. Foi un dos propios tripulantes quen, tras conseguir saír da auga polos seus propios medios, deu o aviso ao non atopar ao seu acompañante, que é o seu primo.

Ambos iniciaran a ruta dende o embarcadoiro dos Peares río arriba e, no traxecto de volta, sufriron o contratempo que rematou coa desaparición do mozo.

Difícil acceso á zona

O operativo despregado mobiliza a numerosos efectivos da comarca e arredores. Participa un helicóptero da Garda Civil que xa locación a embarcación no punto de partida. Tamén están presentes o GES de Ribadavia e Protección Civil do Saviñao e Monforte.

Ademais, participan os bombeiros de Chantada, 061, Garda Civil e Protección Civil de Parada de Sil. Tamén se usan drons e cámaras térmicas aportadas polos bombeiros de Ourense. A dificultade do terreo é un obstáculo para a busca e fai que o acceso por terra sexa impracticable. Os medios de busca son exclusivamente acuáticos e aéreos.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...