HomesociedadePacto fronte Eólicos denuncia irregularidades no concello do Saviñao co proxecto de...

Pacto fronte Eólicos denuncia irregularidades no concello do Saviñao co proxecto de Ferroedo

A voceira da agrupación veciñal, Pacto fronte Eólicos denuncia ante a Garda Civil, para a súa tramitación coa instancia que corresponda, ao concello do Saviñao por irregularidades administrativas detectadas relativas cos procedementos de transparencia por non exposición pública de proxectos, así como o alcalde, Carlos Armesto por posible prevaricación polas declacións a un medio de comunicación negando a existencia de proxectos que a Xunta enviuou para a súa exposición no Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 9 de xaneiro pubícase no DOG nº5 da Xunta de Galicia o proxecto eólico Ferroedo que afecta aos concellos de Bóveda e O Saviñao. A raíz desta publicación varias persoas diríxense ao concello para interesarse por este tema e ver se as súas propiedades estaban afectadas sen facilitarlles datos para a súa comprobación. As persoas afectadas contactan con pacto fronte a eólicos para coñecer a lista de propiedades afectadas e o prazo para presentar alegacións.

Desde Pacto fronte Eólicos fálase de irregularidades administrativas e incumplimento entre outras da lei 1/2016 de transparencia y buen gobierno, lei 21/2013 de avaliación ambiental, lei 8/2009 de aproveitamento eólico de galicia, lei 39/2015 do procedemento admnnistrativo común. “Isto pode implicar, entre outros, defecto de publicidade efectiva, falta de transparencia para evitar o acceso aos veciños do concello ou a calquera interesado”, polo que anuncian que elevarán a denuncia ao Valedor do Pobo.

A asociación reclama ante Transparencia de Galicia a vulneración de dereito de información aos cidadáns “ao non ter proxecto, obra ou similar publicado (esposición pública e acceso a cartafol de transparencia) nin tan sequera as contas públicas, remanente e todo o relativo a orzamento público desde o ano 2023. Non hai ningunha información do ano 2024 nin 2025 , o que vulnera varias leis que son obxecto da denuncia/rcelamación ante a devandita entidade”. Pacto fronte eólicos insiste en que “a veciñanza é vitima de desinformación e indefensión en todo o relacionado con proxecto eólico Ferroedo”.

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...