HomeMedio ambiente e PatrimonioA Xunta inviste 550.000€ na conservación da igrexa de Santa Mariña de...

A Xunta inviste 550.000€ na conservación da igrexa de Santa Mariña de Sarria

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude avanza nas obras de conservación da igrexa de Santa Mariña de Sarria coa previsión de que estean rematadas para o verán. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou esta semana a execución dos traballos, nos que a Xunta inviste preto de 550.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación principal céntranse na restauración da cuberta de lousa para solucionar as filtracións de auga ao interior. O delegado subliñou o compromiso da Administración autonómica coa protección do patrimonio histórico, con actuacións como a que se está a executar nesta igrexa, situada en plena zona de protección do Camiño Francés; ou a recente rehabilitación do Convento da Mercé, cun orzamento de 370.000 euros.

O eixo da actual intervención é lograr a estanquidade da cuberta, na que ademais se substituirá o entaboado que a soporta con novas táboas de madeira de castiñeiro. Tamén se aborda a recuperación do chapitel que remata a torre do campanario, tanto a estrutura de madeira como o revestimento de zinc. Ademais acondicionarase a escaleira de aceso á torre e restaurarase a cruz de ferro forxado que coroa a igrexa.

No exterior contémplase a mellora das carpinterías e a conservación dos muros, mediante un proceso de limpeza da cantería, eliminación de fungos e especies vexetais, reparación de xuntas entre sillares e pintado dos paramentos. Igualmente incrementarase a accesibilidade coa instalación dunha rampla na entrada pola porta sur.

No interior destaca a recuperación do espazo do antigo baptisterio e a restauración da pila bautismal, de orixe románico. Esta zona albergaba a caldeira da calefacción, que agora se renova e se traslada a outra parte do edificio aloxada das zonas de culto.

Arias apuntou que a Xunta segue traballando na conservación de todos os recursos vinculados ao Camiño de Santiago, onde tamén finalizou a rehabilitación da ponte da Áspera de Sarria, na que a Axencia de Turismo de Galicia investiu 50.000 euros.

ÚLTIMAS

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...