HomesociedadeA Semana Santa, época clave do turismo na Ribeira Sacra cunha ocupación...

A Semana Santa, época clave do turismo na Ribeira Sacra cunha ocupación do 85%

Os datos recibidos de ocupación durante esta Semana Santa amosan un comportamento moi positivo do destino, especialmente nas datas centrais. Entre o 27 e o 31 de marzo, a ocupación media acadou o 64,67 %, mentres que entre o 1 e o 6 de abril ascendeu ata o 84,28 %, confirmando unha elevada concentración da demanda nos días principais

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con todo superáronse as previsións que se manexaban nas semanas anteriores, 57% (días previos) e 76% (días centrais). En comparación co ano pasado, Ribeira Sacra mellora os datos rexistrados nos días centrais de Semana Santa, pasando do 80,31 % en 2025 ao 84,28 % en 2026, consolidando así este período como un dos momentos de maior afluencia turística do ano no destino.

A ocupación desagregada por tipoloxía durante a Semana Santa foi a seguinte:

  • Hoteis 4 e 3*: 70,60 % nos días previos e 82,50 % nos días centrais
  • Turismo rural: 64,11 % e 72,47 %
  • VT + VUT: 55,00 % e 95,00 %
  • Resto de aloxamentos: 69,00 % e 87,17 %

En termos absolutos, e sobre unha oferta total de 10.543 prazas, rexistrouse un volume estimado de 6.818 prazas ocupadas nos días previos, entre o 27 e o 31 de marzo, e de 8.885 prazas nos días centrais, do 1 ao 6 de abril. “Trátase dun comportamento especialmente positivo neste segundo tramo, no que se concentrou a maior parte da demanda turística, superando ademais os rexistros acadados nos días centrais da Semana Santa de 2025, cando se contabilizaran 8.001 prazas ocupadas, e tamén os de 2024, con 7.436 prazas ocupadas”, destacan desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

O bo tempo pode explicar, en boa parte, o incremento das reservas de última hora. O sector amósase moi satisfeito, tendo en conta tamén os comportamentos dispares noutros destinos de Galicia. De cara ao mes de abril, as previsións apuntan a unha ocupación media do 30,31% nos días laborais e do 44,61% nas fins de semana.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...