Homesociedade675.000€ para a mellora de estradas provinciais en Chantada en Taboada

675.000€ para a mellora de estradas provinciais en Chantada en Taboada

A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento de 800.000€ para acondicionar tres estradas nos concellos de Trabada, Chantada e Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na Ribeira Sacra, a Deputación investirá 345.804,51€ para actuar nos seis primeros quilómetros da LU-P-6001, que conecta Taboada con Mondín por Ada. Unha arteria local importante para articular o municipio e a súa conexión con concellos como Chantada e Portomarín. Os traballos terán 4 meses de prazo de execución, inclúen ademais das obras de drenaxe, a mellora do firme con aglomerado e a sinalización, a execución dun muro de escollera para estabilizar o trazado nun tramo da vía.

A Xunta de Goberno aprobou tamén declarar de emerxencia os traballos da LU-P-1801, que é a estrada que vai de Chantada a Nogueira polos Peares. Recordaba a voceira socialista, Pilar García Porto que hai apenas unhas semanas os técnicos da Deputación valoraron cortar esta vía á altura de Nogueira de Miño –á altura do quilómetro 15-, tras aparecer unha fenda de varios centímetros no borde exterior do firme. Consideraron actuar de inmediato para evitar o colapso do muro.

A proposta da actuación, cun orzamento aproximado de máis de 330.000€ (330.756,09€), inclúe analizar por que se está a mover, calcular os elementos para estabilizar a estrutura e reforzala con micropilotos e ancoraxes. A empresa Xermolo SA será a encargada das obras necesarias para resolver a incidencia.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...