As promesas do Club Quixós de Piragüismo competiron este pasado domingo, 12 de abril, no río Tea. Concretamente no tramo onde se atopa a Praia Fluvial de Cordeiro, no Concello de Salvaterra do Miño.
O circuíto non era de gran dificultade e as augas tampouco estaban excesivamente bravas co cal todos e todas as participantes descenderon sen problemas acadando bos tempos en xeral.
Ao remate da competición, o Club Quixós quedou primeiro por equipos con 213 puntos. E por detrás del, no podium, o Club Piragüismo Dumbría, con 163, e como terceiro o Club Piragüismo Penedo-Teimporta con 159. Esta posición alcanzouse grazas ás seis medallas individuais acadadas.

MEDALLEIRO
Xoel Fernández gañou 2 medallas de ouro na categoría infantil; unha en C-1 e outra en K-1. Tamén en infantil, Lucas Pavón volveu para Monforte cunha prata en K-1. Xunto a eles, subiron ao podio Breixo Fernández, cunha prata en C-1 alevín; Manuel Rodríguez, cun bronce en K-1 alevín; e Juan cunha prata en K-1 benxamín.


