A Fundación ‘Acción contra el Hambre’ organiza un ciclo gratuíto de obradoiros centrados no liderado e no desenvolvemento de competencias dixitais. As sesións, programadas para os días 20, 22 e 23 de abril terán lugar na Aula CeMIT, ubicada no Edificio Multiusos da cidade de Monforte, en horario de 9:30 a 14:00 h.
Esta proposta formativa está especialmente dirixida a persoas migrantes, co obxectivo de fortalecer as súas habilidades persoais e dixitais, favorecendo así a súa integración social e mellora das oportunidades laborais. Non obstante, a actividade tamén está aberta á participación doutras persoas interesadas.
Ao longo das diferentes sesións abordaranse contidos relacionados co liderado persoal, a xestión emocional e o uso de ferramentas dixitais clave no contexto actual, tanto enfocadas ao emprego como á relación coas administracións.
Esta actividade enmárcase no proxecto Comunidades de dinamización e emprego inclusivo: Novas ruralidades, desenvolvido pola Fundación Acción contra el Hambre e no que colabora a Fundación “La Caixa”.
INSCRICIÓNS
Para inscribirse pódese chamar ao teléfono 616515455, enviar un correo electrónico ao enderezo iniglesias@accioncontraelhambre.org ou a través dun formulario virtual.

