HomePolíticaO BNG reclama ao Goberno denegar a autorización ao proxecto da nova...

O BNG reclama ao Goberno denegar a autorización ao proxecto da nova ponte do Malecón en Monforte

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, demanda ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que "aclare de inmediato se coñece en profundidade este proxecto e se avala unha intervención que supón a ocupación da zona de servidume do dominio público hidráulico e unha transformación irreversíbel da contorna do río".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG critica que a nova infraestrutura, que substituiría a actual pasarela peonil, introduce tráfico rodado nun espazo natural, cunha ampliación da estrutura e ramplas de até tres metros de altura que “alterarían completamente a marxe do río e fragmentarían o parque do Malecón”. Neste sentido, Néstor Rego subliña que “non existe unha xustificación sólida para esta obra cando nin sequera se analizaron de maneira rigorosa alternativas menos agresivas”.

A formación nacionalista insiste en que a mellora da mobilidade en Monforte debe facerse “desde unha planificación racional que priorice as persoas e a protección do patrimonio natural”, apostando por vías alternativas para o tráfico rodado e evitando intervencións que incrementen a presión sobre o centro urbano.

O deputado do BNG advirte, ademais, de que o propio proxecto recoñece afeccións ao dominio público hidráulico, incluíndo a ocupación da zona de servidume do río, o que podería vulnerar a normativa vixente, nomeadamente o texto refundido da Lei de Augas e o Regulamento do Dominio Público Hidráulico. Neste contexto, Néstor Rego reclama á Confederación Hidrográfica Miño-Sil “actuar con responsabilidade e vele polo cumprimento estrito da legalidade, denegando unha autorización que permitiría consolidar usos non permitidos nunha zona especialmente protexida”.

O voceiro do BNG en Monforte, Emilio J. Sánchez, urxe o Goberno a garantir que se teñan en conta as alegacións presentadas por veciñanza, colectivos sociais e entidades ecoloxistas, que rexeitan maioritariamente o proxecto polos seus efectos ambientais e urbanísticos. Demanda transparencia sobre a posible implicación económica do Estado na obra e reclama “non destinar recursos públicos a unha actuación que vai en contra do interese xeral e da protección do medio natural”. “Estamos ante un proxecto que non responde ás necesidades reais de mobilidade e que supón unha agresión innecesaria ao río Cabe e ao seu entorno. O Goberno debe actuar e impedir esta actuación” conclúe Sánchez.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...