HomesociedadeDestinos no sur lucense no programa 'Coñece a túa provincia'

Destinos no sur lucense no programa ‘Coñece a túa provincia’

Colectivos do Saviñao, Ribadeo, Lugo, Taboada e Xermade viven, de xeito gratuíto, diferentes experiencias en rutas pola Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa da Deputación Coñece a túa provincia está permitindo esta semana que unhas 130 persoas descubran tesouros do patrimonio lucense. Este pasado martes, a asociación Terra do Toxo do Saviñao viaxou ao Vicedo e Irmanamento de Ribadeo desprazouse a Ribas de Sil e Quiroga en rutas simultáneas. Os dous colectivos fixeron parada en Lugo, os primeiros para visitar o Mazo de Santa Comba e os segundos, o Centro de Interpretación Terras do Miño.

Por outro lado, a asociación Castro Celta de Taboada estivo o mércores 15 de abril no Vicedo, mentres que Corazóns Artesáns de Lugo viaxou para coñecer Sober. Hoxe xoves, usuarios e usuarias do colectivo Fadas Lugo visitan Ribas de Sil e Quiroga.

COÑECE A TÚA PROVINCIA

A Deputación de Lugo arrincou a semana pasada a sexta tempada do Coñece a túa provincia con 84 viaxes gratuítas esta primavera. A iniciativa, dirixida a entidades sen ánimo de lucro da provincia, ten como obxectivo fomentar o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio da provincia. Esta edición beneficiará a unhas 3.000 persoas en dúas quendas: a primeira, que se desenvolve entre abril e xuño; a segunda, que terá lugar durante o outono.

Este ano mantéñense os 44 itinerarios turísticos por toda a provincia con 7 rutas accesibles para persoas con mobilidade reducida. Ademais, cada entidade puido escoller entre un máximo de cinco rutas, con excursións que cobren todos os aspectos necesarios para gozar dunha experiencia completa: transporte, seguros de viaxeiros, menú de xantar, entradas a lugares de interese e a presenza dun guía oficial habilitado durante todo o percorrido.

ÚLTIMAS

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...

Monforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o inicio do procedemento de licitación....