HomeDeportesMonforte acolle o 18 de abril a final do Campionato Galego Feminino...

Monforte acolle o 18 de abril a final do Campionato Galego Feminino de Vólei Cadete

A competición terá lugar no Pavillón Municipal de A Pinguela, con partidos desde as 10.00 horas e a gran final ás 18.30 h. Nesta ocasión, a final enfronta aos dous equipos monfortinos –CV Ribeira Sacra e CD Korbis- e dous da Coruña, concretamente, o Liceo La Paz e o Cidade A Coruña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Monforte xa foi sede os días 28 e 29 de marzo das Finais do Campionato Galego de Voleibol Xuvenil nas modalidades masculina e feminina, cunha excelente acollida por parte da afección que se espera repetir neste novo evento. A final enfronta aos dous equipos monfortinos –CV Ribeira Sacra e CD Korbis- e dous da Coruña, concretamente, o Liceo La Paz e o Cidade A Coruña. O Campionato desenvolverase nun formato de catro partidos: dúas semifinais na xornada de mañá ás 10.00 e 12.00 horas; un partido para determinar o 3º e 4º posto, ás 16.30 horas, e a gran final ás 18.30 horas. O evento finalizará coa entrega de trofeos e medallas.

Gloria Prada animou aos monfortinos e monfortinas a asistir ao que será un “auténtico espectáculo deportivo”, no que se decidirá o equipo vencedor a nivel autonómico e tamén o acceso directo ao Campionato de España de Clubs, representando a Galicia no máis alto nivel nacional. Pola súa banda, desde a Federación e o CV Ribeira Sacra agradeceron a “colaboración fundamental” do Concello de Monforte para que esta Final se celebre en instalacións de primeiro nivel, como é o Pavillón Polideportivo Municipal.

Horarios

O formato da competición e de catro partidos coa seguinte disposición e horarios:

  • 10.00 h: Primeira Semifinal. CV Ribeira Sacra-Cidade A Coruña
  • 12.00 h: Segunda Semifinal. Liceo La Paz-CD Korbis
  • 16.30 h: Partido polo 3º e 4º posto.
  • 18.30 h: Gran Final.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...