HomesociedadeAprobación Provisional do Plan Especial de Monforte

Aprobación Provisional do Plan Especial de Monforte

O Goberno de Monforte de Lemos, vén de aprobar, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno deste luns 11 de febreiro, o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico da cidade.

Publicado o

- Advertisement -

Esta aprobación ten carácter provisional. Agora a Xunta de Galicia debe ratificar a proposta ou formular posibles revisións, para o que ten un prazo de 2 meses. O prazo de 2 meses aínda non deu comezo xa que o documento, aprobado provisionalmente pola Xunta de Goberno, ten que ser revisado e dilixenciado polo secretario do Concello, e despois ser enviado aos Servizos de Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta para o seu informe preceptivo. Unha vez o organismo autonómico dea o seu visto bo ao Plan, será o Pleno do Concello quen proceda á aprobación final do mesmo.

Esta aprobación provisional faise despois de que o Equipo Redactor valorara o conxunto de alegacións presentadas tanto por particulares como empresas, colectivos e asociacións aos que afecta dito Plan.

A resposta das alegacións, tanto a persoas como a entidades, levarase a cabo conforme á normativa cando se produza a aprobación definitiva do Plan por parte do Pleno do Concello.

ÚLTIMAS

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...