HomesociedadeEste 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

O Concello de Monforte de Lemos celebra este luns, 20 de abril, un pleno extraordinario para a imposición das Medallas do Concello aos axentes da Policía Local Eusebio Cuesta Vázquez, a título póstumo, e Francisco Cao de Jesús, que na madrugada do 23 de agosto de 2025 sufriron un accidente de circulación en acto de servizo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na ordenanza municipal de Honras e Distincións do Concello de Monforte e xa fora anunciado polo rexedor o mesmo día do tráxico accidente, no que se decretaron tres días de loito oficial na nosa cidade. 

Aquel 23 de agosto, os axentes perseguían un vehículo conducido por unha persoa que fuxira tras ser requerida para a práctica dunha proba de alcoholemia. Eusebio Cuesta faleceu no accidente e Francisco Cao resultou ferido.

Con esta distinción, o Concello de Monforte quere recoñecer o especial interese posto por estes axentes no cumprimento do seu deber como policías locais e o seu elevado compromiso coa protección da comunidade á que prestan servizo.

Os nomeamentos e distincións serán impostos polo alcalde, José Tomé, no acto solemne deste luns no salón de sesións e contará coa presenza de familiares dos dous axentes e compañeiros da Policía Local. Con esta homenaxe, apunta José Tomé, “recoñecemos a valentía e compromiso destes axentes coa cidadanía de Monforte e a seguridade de todos os veciños e veciñas do municipio, e recordamos de forma especial a Eusebio Cuesta, que permanecerá sempre nos nosos corazóns”.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...