HomeDeportesCV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

A final enfrontou desde ao Ciudad de A Coruña co Liceo La Paz, tamén de A Coruña, logo de gañar as semifinais pola mañá contra o CV Ribeira Sacra e o CD Korbis, respectivamente. O Cidade A Coruña, que xa foi campión da Liga, fíxose co partido no cuarto set

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entregou o trofeo ás xogadoras do equipo CV Ciudad de A Coruña que se proclamou vencedor na final do Campionato Galego de Voleibol Feminino na categoría Cadete que se disputou este sábado no Pavillón Polideportivo da Pinguela. O rexedor entregou tamén o trofeo á mellor xogadora do Campionato, que foi para a integrante do Cidade A Coruña Martina Mesejo.

Antes da entrega de trofeos o CV Ribeira Sacra quixo facer o un recoñecemento especial ás xogadoras Mónica Rodríguez e Ana López, que foron cofundadoras do club, e a Noelia Sánchez e Jennifer Mendoza, xogadoras da élite do volei e integrantes da Selección Española. Así mesmo, renderon tamén homenaxe a José Luis Sánchez, que foi presidente do equipo.

Clasificación na Final

1º. CV Ciudad de A Coruña.

2º. Liceo La Paz.

3º. CV Ribeira Sacra.

4º. CD Korbis.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...