HomesociedadeDo 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As bases para a inscrición, admisión e selección das artesás e artesáns participantes da que será a 26 edición do certame aprobáronse este luns na Xunta de Goberno Local. Artelemos celebrarase do 3 ao 8 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Monforte, ou a través da sede electrónica. O prazo de solicitude comeza este martes, 21 de abril, e finaliza o vindeiro 20 de maio.

Poderán presentar solicitude participación na 26ª Mostra Artelemos, as/os artesás/áns profesionais legalmente constituídos que acrediten o desenvolvemento dunha actividade artesanal. Terán prioridade os obradoiros artesanais rexistrados na comunidade galega. Enténdese por artesán calquera actividade recollida no Anexo IV do Decreto 218/2007, de 7 de setembro polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía.

Estarán dispoñibles para os efectos desta convocatoria e exclusivamente no período temporal determinado para a mostra, 30 stands entre 3-6 metros, aproximadamente. Os profesionais poderán participar de forma individual ou conxunta, en cuxo caso se deberá indicar expresamente na solicitude achegando a documentación de cada participante. No suposto de participación conxunta, o stand poderá ser compartido por un máximo de dúas/dous artesás/áns. Neste caso, a decoración será uniforme e non se admitirán divisións interiores.

O alcalde, José Tomé, anima aos artesáns e artesás a participar nesta mostra, xa que, durante seis días –do 3 ao 8 de agosto–, “Monforte de Lemos converterase nun escaparate de creatividade e do saber facer artesanal, acollendo a 30 profesionais de diferentes disciplinas”. De feito, o certame ofrecerá unha ampla variedade de produtos elaborados a man, que abranguen desde a ourivaría, a cestería e o coiro, ata a la, a olería e outras expresións artísticas tradicionais.

O público poderá desfrutar de demostracións en vivo nas que os artesáns e as artesás amosarán o proceso de creación das súas pezas. Tamén se organizarán obradoiros dirixidos a nenos e nenas, co obxectivo de achegar o mundo da artesanía aos máis pequenos. O horario de apertura da Mostra será de 10.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 22.00 horas, durante os seis días de duración do evento.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...