HomesociedadeImposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta,...

Imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

Na sesión, que contou coa asistencia dos familiares, amigos e compañeiros dos homenaxeados, gardouse un minuto de silencio polo policía Eusebio Cuesta Vázquez, falecido no tráxico accidente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte de Lemos celebrou este luns pola tarde o Pleno extraordinario para a imposición das Medallas do Concello aos axentes da Policía Local Eusebio Cuesta Vázquez, a título póstumo, e Francisco Cao de Jesús, que na madrugada do 23 de agosto de 2025 sufriron un accidente de circulación en acto de servizo. O sinistro produciuse cando os axentes perseguían un vehículo conducido por unha persoa que fuxira tras ser requerida para a práctica dunha proba de alcoholemia. Eusebio Cuesta faleceu no accidente e Francisco Cao resultou ferido.

No seu discurso institucional, o alcalde sinalou que o 23 de agosto de 2025 “é un día de triste recordo para o Concello de Monforte, e de xeito moi especial, para o Corpo de Policía Municipal”. Así mesmo, fixo un sentido recoñecemento, en nome de todos os monfortinos representados pola Corporación Municipal, “á valentía e compromiso destes axentes coa cidadanía de Monforte e coa seguridade de todos os veciños e veciñas do municipio, recordando de forma especial a D. Eusebio Cuesta Vázquez, que permanecerá sempre no noso recordo e nos nosos corazóns”.

Imposición medallas Cao / Concello de Monforte

Aínda que a imposición de Medallas pon fin ao Procedemento de Símbolos e Disticións, tal como recolle a Ordenanza Municipal, con esta homenaxe, indicou o rexedor, “o Concello de Monforte quere recoñecer o especial interese posto por estes axentes no cumprimento do seu deber como policías locais e o seu elevado compromiso coa protección da comunidade á que prestan servizo”.

Sobre Eusebio Cuesta e Francisco Cao, o Alcalde enfatizou a súa vocación de servizo, a súa labor pública e o seu compromiso pola seguridade de cada veciño: “Eusebio e Francisco, non solo son nomes nunha placa ou nun uniforme. Son o reflexo do sacrificio, da entrega, e da coraxe”. Ser policía, engadiu, “non so é un traballo; é unha vocación de risco asumido. É estar alí onde se lles necesita, a miúdo poñendo a súa propia integridade en segundo lugar, para protexer a dos demais. Eusebio e Francisco, demostraron esa integridade ata as últimas consecuencias. O recordo do seu bo facer, permanecerá vivo en cada pasillo desta Casa Municipal”.

Imposición medallas Cuesta / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...