HomesociedadeO obradoiro de emprego A Pinguela III impartirá módulos de carpintaría e...

O obradoiro de emprego A Pinguela III impartirá módulos de carpintaría e albanelaría de urbanización

A data de inicio do obradoiro é o 1 de xuño de 2026 e inclúe incentivos de contratación posterior en empresas por un período mínimo de 3 meses. Contará cun orzamento de 526.576 euros e contempla traballos de acondicionamento das instalacións da Escola Obradoiro A Pinguela, así como a restauración da contorna da zona afectada polos incendios forestais no ano 2025, concretamente nos locais sociais de Moreda e de Seoane

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obradoiro dual de emprego A Pinguela III creará 24 postos de traballo durante 9 meses: 20 alumnos, un director/a, dous monitores/as e un auxiliar administrativo. A actividade conta cun orzamento de 526.576 euros e desenvolverase no municipio logo de que o Concello de Monforte solicitara no pasado mes de decembro unha subvención á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a realización deste proxecto. A tramitación acaba de resolverse favorablemente e a data de inicio do obradoiro é o vindeiro 1 de xuño de 2026. A iniciativa está financiada por fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal á Xunta de Galicia e fondos propios do Concello de Monforte.

O rexedor agradece á Consellería a resolución favorable e anima aos monfortinos e monfortinas en situación de desemprego a presentar a súa solicitude na Oficina de Emprego, na rúa San Pedro. “Animo a todas as persoas interesadas a acudir á Oficina de Emprego e solicitar unha praza para formarse e adquirir cualificación profesional en sectores que hoxe están moi demandados facilitando, polo tanto, a súa inserción laboral a través da contratación en empresas ou o autoemprego”.

Ademais do contrato laboral durante o tempo no que se desenvolve o obradoiro, o proxecto inclúe incentivos á contratación, de xeito que o alumnado terá a posibilidade de optar a un posto de traballo noutra empresa durante un período mínimo de tres meses.

O obradoiro Pinguela III desenvolverase en dous módulos específicos coas seguintes denominacións:

  • Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble. Traballos de carpintería e moble. 10 alumnos.
  • Pavimentos e albanelería de urbanización. 10 alumnos.

Actuacións previstas

As actuacións previstas neste obradoiro consisten no acondicionamento das instalacións da Escola Obradoiro A Pinguela e a restauración da contorna da zona afectada polos incendios forestais no ano 2025.

Así, o proxecto dá continuidade ás intervencións dos obradoiros anteriores co obxectivo de completar o proceso iniciado en 2023 de mellora e posta en valor deste equipamento municipal dedicado á formación e inserción laboral. Inclúe tamén intervencións en edificacións municipais situadas en zonas afectadas polos incendios forestais ocorridos no ano 2025, concretamente nos locais sociais de Moreda e de Seoane, co obxectivo de mellorar o seu estado de conservación, funcionalidade e integración no contorno, ao tempo que se contribúe á recuperación de equipamentos de uso social e comunitario.

De xeito adicional, inclúese a intervención sobre diversos elementos de mobiliario urbano municipal que se atopan en mal estado de conservación, co fin de garantir a súa preservación e integrar estas tarefas no contido formativo do novo obradoiro.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...