HomesociedadeVisita a Italia do alumnado de 4º de ESO do IES A...

Visita a Italia do alumnado de 4º de ESO do IES A Pinguela

A visita enmarcouse nun intercambio co ITE Mossotti de Novara.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O IES A Pinguela vén de dar remate á estancia en Italia co gallo do intercambio que o alumnado de 4º de ESO tivo co do ITE Mossotti de Novara. “Foi unha semana intensa de actividades, viaxes e visitas que nos permitiron coñecer a preciosa cidade de acollida e o seu centro histórico e achegarnos ata Turín co seu Museo do Cine, Milán e o deu Duomo, Stresa e o lago Maggiori e ás súas Illas Borromeas: Bella e dei Pescatori, así como tamén a Orta e o seu lago“, explican dende a Dirección do centro.

Así mesmo, toda a comunidade educativa que fixo a viaxe traslada o seu agradecemento pola acollida que lles brindaron nesas terras piamontesas. A estancia, explican, serviu “para crear lazos de amizade entre os alumnos e profesores monfortinos e novaresi e tamén para irmandar os respectivos institutos”.

Foto de familia do alumnado / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...